Bernardo Valiño presentou no Son o libro no que repasa a aventura da Romaría Internacional

30 Marzo 2025

O Centro de Interpretación do Castro de Baroña acolleu este sábado 29 de marzo a presentación do libro La permanente aventura en Galicia de la Romaría Internacional, de Bernardo Valiño (Sobrado dos Montes 1939). A concelleira de Cultura, Alicia Martínez, presidiu o acto xunto ao autor da publicación.

Este libro trata sobre a Romaría Internacional que naceu en Galicia e que estivo no calendario cultural desde 1980 ata 2001. Este evento levouse a cabo pola iniciativa de pequenos concellos que formaron un padroado para organizar mancomunadamente grandes espectáculos, uns de produción propia e outras de fama mundial como o Teatro Bolshoi ou a Ópera de Pekín.

O autor do libro, e director durante vinte anos (1980-2001) deste evento lúdico-festivo, escribe sobre os grandes fitos deste evento que fixo posíbel que pequenos concellos de Galicia puidesen desfrutar de espectáculos como o Teatro Bolshoi ou a Ópera de Pekín. A obra repasa as 21 edicións do festival, celebradas entre 1980 e 2001, detallando como un padroado de concellos logrou coordinarse para levar a zonas rurais eventos internacionais, así como producións locais.

O autor nunha imaxe de Galicia Confidencial

Outros artigos

O PSOE de Ribeira acusa ao Executivo local de “falta de propostas”

O PSOE de Ribeira tamén fixo balance do ano de Goberno do PP e PBBI logo da moción de censura consumada en outubro do ano pasado. No seu balance afirmou que a alcaldesa, coincidindo co primeiro aniversario da moción de censura, "segue sen ofrecer solucións á fronte da...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

Vaya por delante que la huelga es una conquista consagrada que tienen los trabajadorespara reivindicar y defender sus derechos. De hecho, en lo que llevamos de democraciatodas las huelgas generales se convocaron por razones laborales contra las políticas delGobierno...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.