
O Museo do Gravado de Artes (Ribeira) inaugura a vindeira semana, o venres 4 de abril, a mostra Ediciones de STADT 1988-2020 José Sevillano. A apertura da mostra celebrarase ás 20.30 horas na sala 1 do museo. Poderá verse até o vindeiro 4 de xuño, cando está prevista a clausura da exposición.
Ediciones de STAD 1988-2020 José Sevilano é una proposta organizada polo Museo do Gravado de Artes (Concello de Ribeira) en colaboración co Museo del Grabado y Obra Múltiple (Concello de Santa Marta de Tormes, da provincia de Salamanca, e o Instituto Leonés de Cultura da Deputación de León).
Trátase dunha exposición que remata a súa itirenalidade no Museo do Gravado de Artes (Concello de Ribeira) logo de ser exposta en Salamanca e León. A mostra é unha colección de obra gráfica de 86 artistas nacionais e internacionais. A mostra pretende poñer en valor o editor de obra gráfica de José Sevillano, unha figura esencial no panorama artístico español. Trátase dun proxecto único porque non se ten feito con anterioridade ningunha exposición que reunira todas as obras producidas por esta editora gráfica leonesa e que dá boa conta da actividade artística en España nos anos 80. A mostra, en palabras do Museo de Gravado de Artes, “é testemuño dunha das décadas cruciais e irrepetíbeis na arte contemporánea española”. Conta con 102 obras de artistas de moi diferentes vertentes e enfoques fundamentais españois entre os que destacan figuras como El Roto, Alfredo Alkaín, Luis Sáez, David Lechuga, Miguel Galano, José Fuentes, Carlos León ou Dora García, aínda que tambén se conta con artistas extranxeiros moi singulares e destacados como Kabir, Monir, Patrick Vanden Eynde, Denis Long, Ana Laura Alaez, Jean Baptiste Secheret, Anne Heyvaert, Fumiko Negishi, Carlos Gonçalves, Diana Aitchison, Jafar T Kaki ou Erik Kirksaether.
Asistirán á inauguración o artista e editor José Sevillano, o director do Departamento de Arte e Exposicións do Instituto Leonés de Cultura (Deputación de León, Luís García; o catedrático de debuxo e gravado da Universidade de Salamanca e comisario da exposición, José Fuentes e o vicepresidente da FMAG, Javier Expósito Paradela.



