Laura Novelle presenta este venres na Pobra o seu novo libro “Los malabaristas del silencio”

28 Marzo 2025

Logo de ter que adialo polo mal tempo, este venres 28 de marzo, a escritora Laura Novelle presentará na Pobra do Caramiñal a súa obra Los malabaristas del silencio. Ademais da propia Laura Novelle, contarase ca presenza de María José Pacheco, mestra e licenciada en Xeografía e Historia, e da edil de cultura Patricia Lojo. A cita será este venres ás 20.00 horas na Biblioteca Municipal da Pobra.

Laura Novelle, autora natural de Carballiño afincada na Pobra, achéganos nesta novela a segunda parte da saga Cantud, logo de Todo lo que callé, primeira entrega. Nas súas páxinas preséntasenos a León Cantud dez anos despois dos feitos do primeiro libro, vivindo pacificamente en Valparaíso a piques de xubilarse. A súa primoxénita Mara, responsábel dunha unidade contra a evasión fiscal de INTERPOL, segue a pista dun armazón de investimentos en arte…

Esta segunda dose do cóctel de thriller, amor e erotismo propio da saga, engade novos rostros sen renunciar ao soporte dos xa coñecidos. A experimentada axente Cantud e o novato axente Larraín veranse obrigados a entenderse para afrontar a súa misión. Unha aventura que discorre por América e Europa en dúas tramas paralelas. Camiños que se cruzan, vidas que se tocan… e unha misteriosa muller que obrigará a todos os personaxes a forzar os seus límites morais ata convertelos en arriscados malabaristas.

Outros artigos

O PSOE de Ribeira acusa ao Executivo local de “falta de propostas”

O PSOE de Ribeira tamén fixo balance do ano de Goberno do PP e PBBI logo da moción de censura consumada en outubro do ano pasado. No seu balance afirmou que a alcaldesa, coincidindo co primeiro aniversario da moción de censura, "segue sen ofrecer solucións á fronte da...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

Vaya por delante que la huelga es una conquista consagrada que tienen los trabajadorespara reivindicar y defender sus derechos. De hecho, en lo que llevamos de democraciatodas las huelgas generales se convocaron por razones laborales contra las políticas delGobierno...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.