Padrón recibe á cúpula directiva da Rede de Pobos Máxicos de España

28 Marzo 2025

Padrón recibiu este xoves 27 de marzo a visita oficial da cúpula directiva da Rede de Pobos Máxicos de España, a organización que promove localidades únicas e de grande valor patrimonial, cultural e natural. Durante o encontro, no que participaron o alcalde Anxo Arca, a concelleira de Turismo Chus Campos, e o técnico de Turismo Alberto Rey, xunto á directora de Desenvolvemento de Pobos Máxicos de España, Noelia Guzmán, intercambiouse información sobre os recursos que caracterizan á vila, así como as ferramentas de dinamización turística, social e económica que ofrece esta institución. Anxo Arca expresou a súa satisfacción por “pertencer á rede de promoción territorial e turística máis destacada de España, un logro que é consecuencia do esforzo colectivo de cada un dos nosos veciños e veciñas que coidan e poñen en valor cada detalle do noso pobo para facelo único, para facelo máxico”.

Noelia Guzmán destacou ademais que “Padrón, no seu ámbito natural e patrimonial, é unha xoia única, un espazo singular en toda España”. Así mesmo convidou “a todos a descubrir esta terra máxica e a gozar de todo o que ten que ofrecer”.

A directora de Desenvolvemento tamén subliñou que esta visita “ademais de permitirnos gozar da beleza deste lugar, servirá como diagnóstico para optimizar o uso do turismo como motor de desenvolvemento económico e social nas localidades que formamos parte da rede”.

Primeira localidade da provincia na Rede

Padrón converteuse na primeira localidade da provincia da Coruña en integrarse na Rede de Pobos Máxicos de España -a única galega que entrou no 2025-, un selo que supón un importante impulso promocional tanto a nivel turístico como económico. “A adhesión á rede permitirá aos habitantes e empresas locais aproveitar as ferramentas de dinamización que ofrece a iniciativa, como o acceso a novas rutas turísticas e eventos de visibilidade nacional”, sinalan dende a Rede, engadindo que o selo de calidade da Rede de Pobos Máxicos estará dispoñíbel para asociacións sen ánimo de lucro, artesáns e produtores locais, permitindo que poidan usalo na súa promoción, mellorando así a súa visibilidade e posicionamento no mercado.

É tamén clave de cara ao desenvolvemento no ámbito social e económico, favorecendo a sustentabilidade e ofrecendo sinerxías entre poboacións, incitando á colaboración entre elas, desenvolvendo as boas prácticas e optimizando os plans conxuntos.

Outros artigos

O filme documental 360 curvas proxéctase este domingo en Boiro

O Ciclo de Cine Mestre Mateo, impulsado nos concellos pola Academia Galega do Audiovisual, volveu poñer o foco en Boiro para dar coñecer ao público a rica colleita cinematográfica galega deste último ano. Sen ir máis lonxe, este domingo 18 de outubro proxectarase no...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Juan Magán” – Xulio Xiz

“Juan Magán” – Xulio Xiz

Estes días, Merce e máis eu, mergullámonos cada día no multitudinario ambiente festeiro, disfrutamos coa venerable presencia de Celtas Cortos e ousamos asistir ao concerto de Juan Magán. Con relativo coñecemento do actual mundo musical, que navega de Camilo a India,...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.