Accidente na autovía de Barbanza a altura de Palmeira, deixa a unha muller ferida leve

27 Marzo 2025

Unha muller resultou ferida leve nun aparatoso accidente rexistrado esta tarde, ao redor das 18:30 horas, na autovía de Barbanza, á altura de Palmeira. Segundo as primeiras informacións, todo apunta a que un descoido puido ser a causa que provocou que a condutora perdese o control do seu vehículo, saíndo da vía, chocando contra a mediana e envorcando,

Agrupación de voluntarios e servicio municipal de protección civil-RIBEIRA

A ferida que se queixaba de dor nunha perna e no peito, foi atendida polos servizos de emerxencia, quenes solicitaron a presenza dunha ambulancia do 061. A muller foi trasladada ao Hospital do Barbanza para unha valoración médica. A outra persoa que viaxaba como acompañante resultou ilesa.

O lugar do accidente desprazáronse efectivos da Agrupación de voluntarios e servicio municipal de protección civil-RIBEIRA, os bombeiros do parque de Ribeira, a Garda Civil de Tráfico, o servizo de mantemento da autovía e un guindastre para proceder ao retiro do vehículo sinistrado.

No lugar do accidente, desprazáronse os bombeiros do parque de Ribeira, a Garda Civil de Tráfico, o servizo de mantemento da autovía e un guindastre para proceder ao retiro do vehículo sinistrado.

Outros artigos

Estabilizado o lume de Ribasieira (O Son)

A Consellería do Medio Rural informou de que o incendio forestal rexistrado no concello coruñés do Porto do Son, parroquia de Ribasieira, quedou estabilizado ás 18,15 horas de hoxe. O lume iniciouse ás 14,42 horas de onte e segundo as últimas estimacións provisionais...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Teresa de Antas” – Xulio Xiz

“Teresa de Antas” – Xulio Xiz

A Casa da Cultura de Antas de Ulla chámase Teresa Batán. Bautizárona co nome da muller que entregou a vida á Biblioteca do seu pobo. Para min é Teresa de Antas desde hai máis de trinta anos, amiga admirada pola dedicación preocupada pola cultura e polos nenos. Na...

“Quen engana a quen?” – Antón Luaces

“Quen engana a quen?” – Antón Luaces

Pepa Millán, a portavoz de Vox no  Congreso dos Deputados, xoga a, como mínimo, dúas bandas: ou se engana ou nos engana ao enxuiciar o que acontece estes días en Ceuta onde, desde os días 30 e 31 de xullo pasado vén falando da necesidade de expulsar da cidade autónoma...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.