Ribeira impulsa a música ao vivo na hostalería durante a Semana Santa co programa Rúas Musicais

25 Marzo 2025

A Concellería de Turismo de Ribeira anunciou a posta en marcha dunha nova edición do programa Rúas Musicais, dirixido a dinamizar a Semana Santa a través da música ao vivo nos locais de hostalería do municipio. A iniciativa busca tamén fomentar a oferta cultural e de lecer, ofrecendo un apoio económico de ata 500 euros por concerto aos locais que desexen participar.

O programa está dirixido a aqueles establecementos que queiran organizar concertos durante o sábado 19 de abril en sesión vermú, vespertina ou nocturna (ata as 00:00 h como máximo). A Concellería de Turismo atenderá ata un máximo de seis solicitudes de colaboración, e no caso de haber máis inscricións, aplicarase un sistema de criterios de prioridade ou sorteo para determinar os beneficiarios.

Prioridade para novos participantes e artistas locais

Para a selección dos locais, darase preferencia a aqueles que nunca programaron concertos ao abeiro de Rúas Musicais, aos que se unan para organizar eventos conxuntos, e aos que contraten bandas ou artistas do municipio. Se despois de aplicar estes criterios houbera máis solicitudes das prazas dispoñíbeis, realizarase un sorteo.

Francisco Suárez-Puerta, concelleiro de Turismo, explicou que “despois de reunirnos co párroco de Ribeira, acordamos que o día idóneo para realizar esta actividade debía ser o sábado, xa que non podía realizarse noutra data debido ao significado de cada unha das outras datas da Semana Santa”. Ademais, destacou que “esperamos que esta actividade manteña o éxito das xornadas realizadas durante o Nadal e que, desta forma, Ribeira se encha de vida, fomentando a dinamización da nosa hostalería e do comercio local”.

Como participar

Os establecementos interesados deben enviar un correo electrónico a turismo@ribeira.gal antes do 3 de abril ás 10:00 h indicando:

– Nome e enderezo do establecemento.

– Nome do titular do negocio.

– Data e hora do concerto.

– Nome do grupo ou artista.

Nas bases especifícase que o establecemento será responsábel de escoller e coordinar co grupo musical e os concertos deberán ser de acceso gratuíto.

Unha vez pechado o prazo de inscrición, comunicarase aos establecementos se foron seleccionados. Esta iniciativa forma parte da aposta do Concello de Ribeira por potenciar a cultura e o turismo, dinamizando a hostalería local e ofrecendo unha programación atractiva tanto para veciñanza como para visitantes durante a Semana Santa.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

Dicir "os españois primeiro" é o equivalente a poñer en determinadas bocas citas indebidas e nas mans desas persoas a chave que só abre portas a moi concretos españois que, dende as opcións de VOX e outros partidos das súas  características, constatan que se...

“Leire”. Xulio Xiz

“Leire”. Xulio Xiz

Hai tempo que quería escribirlle a Leire, e funo deixando pero de hoxe non pasa. Pode parecer que lle escribo á Leire Díez que anda na boca de todos, pero prefiro outra ben mais inocente.Certo que hai tempo busquei no organigrama de Correos quen tiña autoridade no...