Teatro Airiños, histórica agrupación de Asados (Rianxo), vai estrear esta tempada a súa versión sobre os feitos relatados polo mítico grupo humorista inglés Monty Python na película A vida de Brian (no filme Brian é un personaxe que leva unha vida paralela a Xesucristo na Xudea dos tempos romanos e que é confundido con el en múltiples e hilarantes situacións).
A vida de Brais, de Teatro Airiños, é como dixemos “unha adaptación singular” do clásico A Vida de Brian baixo a dirección de Amantia Coelho.
Cando: Sábado 5 abril 20.30 e domingo 6 abril 19.00 h.
Onde: Centro Sociocultural-Auditorio, Sala Arcos Moldes
Entradas dispoñíbeis en Peluquería Pelos, Estanco Xacobiño e Bar Berberecho. Tamén se poderán adquirir no propio Auditorio Municipal unha hora antes de cada función. Donativo: 3€.
Máis de 90 anos en escena
O Grupo de Teatro Airiños celebrou en 2023 o seu 90 aniversario da súa constitución.
A historia do Grupo de Teatro Airiños remóntase a 1933, cando un grupo de veciños e veciñas de Asados (Rianxo) decidiu crear unha agrupación teatral. A iniciativa contou coa axuda do Partido Galeguista e, dende entón, non deixou de funcionar.
En 2023, o Teatro Airiños cumpriu 90 anos situándose como a agrupación teatral amadora máis lonxeva e antiga da nosa terra.
Entre as actividades conmemorativas houbo homenaxes a persoas que formaron parte da historia do grupo, unha exposición fotográfica, a publicación dun libro conmemorativo e a representación dunha obra especial para celebrar o aniversario.




