O Concello de Boiro realiza xornadas para dar a coñecer a formación local en cociña

24 Marzo 2025

O Concello de Boiro leva a cabo xornadas divulgativas entre o sector hostaleiro da comarca para dar a coñecer a formación en cociña que se está a desenvolver no Centro de Formación e Viveiro de Empresas de Espiñeira no marco das Accións Formativas para Desempregados. O alcalde, José Ramón Romero, o concelleiro de Comercio, Formación e Emprego, Roberto Lojo, e a concelleira de Turismo, María Outeiral, participaron este luns 24 nestas actividades.

Durante a visita os xerentes e traballadores de distintos locais de hostalaría da comarca puideron coñecer as instalacións do centro nas que o alumnado realizar actividade práctica, así como desgustar as distintas elaboracións que realizan nos distintos módulos do curso. A finalidade destas xornadas é “dar a coñecer esta formación entre os hostaleiros para facilitar as prácticas e a integración laboral do alumnado”, explicaron Romero e Outeiral, engadindo que tamén se busca “mellorar a cualificación profesional das persoas traballadoras e mellorar as competencias profesionais relacionadas cos requirimentos de produtividade e competitividade das empresas, as necesidade de adaptación aos cambios nos sectores produtivos e á inserción laboral”.

O Centro de Formación e Viveiro de Empresas de Espiñeira do Concello de Boiro acolle cada ano máis de 300 persoas que se forman en distintas modalidades co obxectivo de lograr unha saída laboral nos sectores produtivos máis demandados na comarca. Ademais das aulas de formación, o Concello de Boiro aposta polo emprendemento neste centro de Espiñeira, que conta cun Viveiro de Empresas e un espazo de traballo colaborativo (coworking) que forma parte da Rede de Espazos de traballo colaborativo da Deputación da Coruña para que proxectos emprendedores poidan botar a andar a súa iniciativa empresarial.

Outros artigos

O filme documental 360 curvas proxéctase este domingo en Boiro

O Ciclo de Cine Mestre Mateo, impulsado nos concellos pola Academia Galega do Audiovisual, volveu poñer o foco en Boiro para dar coñecer ao público a rica colleita cinematográfica galega deste último ano. Sen ir máis lonxe, este domingo 18 de outubro proxectarase no...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Juan Magán” – Xulio Xiz

“Juan Magán” – Xulio Xiz

Estes días, Merce e máis eu, mergullámonos cada día no multitudinario ambiente festeiro, disfrutamos coa venerable presencia de Celtas Cortos e ousamos asistir ao concerto de Juan Magán. Con relativo coñecemento do actual mundo musical, que navega de Camilo a India,...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.