O sonense Adolfo Enriquez, Trofeo Galeguidade 2025

23 Marzo 2025

Madrid acolleu unha nova edición do LVII Capítulo da Orde da Vieira, un evento de referencia para a comunidade galega no exterior. O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, participou nesta celebración que cada ano congrega centos de persoas de distintos ámbitos profesionais e lugares do mundo para exaltar a identidade e as tradicións de Galicia.

Durante o acto, tivo lugar a investidura de novos cofrades, entre os que destacaron Pablo Fernández, secretario xeral de Emprego e Relacións Laborais, e Luis E. Ramos, director da Casa de Galicia en Madrid. Ademais, entregáronse os premios Madrigallegos de Ouro e os Trofeos Galeguidade no Mundo, que recoñecen a traxectoria e contribución de personalidades e entidades á proxección e prestixio de Galicia.

No seu discurso, Rodríguez Miranda resaltou o labor da Orde da Vieira como espazo de encontro da galeguidade universal e felicitou aos premiados. En especial, tivo palabras de lembranza para Xosé Luís Blanco Campaña, homenaxeado este ano, a quen destacou como unha figura clave na comunicación e cultura galega, evocando ademais as súa contribucións musicais na televisión.

O secretario xeral animou aos asistentes a continuar promovendo o nome de Galicia alí onde se atopen, subliñando o papel integrador da Orde da Vieira e a importancia do sentimento de pertenza que transcende fronteiras. O acto pechouse coa lembranza ao himno da Orde, reafirmando que a galeguidade é un lazo que une a todos “de Galicia e para Galicia, por Galicia e por amor”.

Premiados na edición 2025

Os premios Madrigallegos de Ouro foron entregados a:

  • Antonio Palacios Ramilo (a título póstumo) polo seu mérito empresarial.
  • José Manuel Otero Lastres polo seu mérito xurídico.
  • Francisco García Rio polo seu mérito na sanidade.
  • Carmen Andrade Perdrix polo seu mérito no servizo público.
  • Ángel Peláez Poyán polo seu mérito na comunicación.

Os Trofeos Galeguidade 2025 foron outorgados a:

  • Xosé Luís Blanco Campaña.
  • Instituto de Investigacións Sanitarias de Santiago (IDIS).
  • Revista La Catedral de Santiago, dirixida polo sonense, Adolfo Enriquez

Finalmente, a Vieira de Honra á calidade artística foi concedida a Manoele de Felisa.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Un negocio moi rendible” – José Manuel Pena

“Un negocio moi rendible” – José Manuel Pena

Demasiada hipocrisía en materia de vivenda por parte de moito axentes políticos, sociais e empresariais. A vivenda continúa sendo un negocio e moi rendible para uns poucos propietarios sen escrúpulos, para os fondos voitre, grupos inmobiliarios e grandes propietarios,...

“Teresa de Antas” – Xulio Xiz

“Teresa de Antas” – Xulio Xiz

A Casa da Cultura de Antas de Ulla chámase Teresa Batán. Bautizárona co nome da muller que entregou a vida á Biblioteca do seu pobo. Para min é Teresa de Antas desde hai máis de trinta anos, amiga admirada pola dedicación preocupada pola cultura e polos nenos. Na...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.