“A macrocelulosa de Palas de Rei, un grave erro da Xunta en prexuizo de Galicia” – Antón Luaces

21 Marzo 2025

Un erro que prexudica substancialmente á comunidade autónoma galega, por máis que poida beneficiar a economías ben consolidadas de Galicia cuxos titulares desbotan a existencia de riscos medioambientais, cometido polo goberno galego e que cómpre non secunde o central.  Un erro de graves consecuencias contra o que se van manifestar os galegos, nomeadamente os habitantes da cara norte da Ría de Arousa, porque os vertidos desa macrofactoría ao río Ulla e, a través deste, á ría arousá, atenta contra a saúde (poderiamos dicir contra a vida?) de milleiros de persoas que habitan os concellos que circundan o municipio de Palas e aqueles que o Ulla rega ata a súa desembocadura nunha ría que identifica á comarca arousá e que proporciona maos seus habitantes traballo, medios de vida e o orgullo necesario de seren galegos da Arousa.

Un permiso concedido pola Xunta que preside Alfonso Rueda (o home tranquilo de Núñez Feijoo)  á macrocelulosa de Altri para levantar en Palas un complexo de celulosa e téxtil que Galicia non precisa e nunca pediu, farta xa de eucaliptos e lasta de celulosa elaborada na ría de Pontevedra dende fai máis de 50 anos. 

Un permiso que Portugal negou a Altri e que, por submisión ou erro sabido a Xunta asume caladamente. Erro?… dito así semella ser unha opinión máis en contra da macropranta de Altri, mais cando esa opinión procede de quen foi a máxima responsable de innovación forestal da Xunta ata o mes pasado, Mercedes Rois, a valoración adquire uns outra dimensión. 

Porque Mercedes Rois, enxeñeira de montes, é unha experta que, na opinión  sobre o caso, súmase a outros moitos compañeiros que, obviamente, pensan o mesmo: un erro a pagar por Galicia e os galegos.

A polémica en relación coa fábrica de Altri medra. E chega a un punto crítico debido á declaración de impacto ambiental (DIA) que, con carimbo favorable, outorgou o goberno galego o pasado venres a ese, cando menos, complicado proxecto de difícil dixestión e sumamente dado o mesmo á non  ben entendida explicación dende a legalidade do feito.              

Mercedes Rois, exdirectora da Innovación da Axencia Forestal,  advirte das consecuencias “sin precedentes” e “irreversibles” para o medio ambiente e a identidade cultural da comunidade autónoma, formulación que evidentemente entra en colisión co que a Xunta -sen dúbida movida por outros intereses- non tivo nen ten en conta.

A proximidade da fábrica ao Camiño de Santiago e a Serra do Careón e o seu impacto no río Ulla e a Ría de Arousa na que desemboca, causan unha moi fonda preocupación 

no País e ven ser unha “triste nova” agrandada pola  decisión da Xunta de autorizar á pasteira lusa a seguir avante co seu proxecto.                                                                             Este sábado, os concellos da beira norte da ría arousá deixarán testemuño claro e contundente da súa posición a este respecto, cunha manifestación que, en conxunto, apoiará un rotundo NON A ALTRI.       

Outros artigos

“Juan Magán” – Xulio Xiz

Estes días, Merce e máis eu, mergullámonos cada día no multitudinario ambiente festeiro, disfrutamos coa venerable presencia de Celtas Cortos e ousamos asistir ao concerto de Juan Magán. Con relativo coñecemento do actual mundo musical, que navega de Camilo a India,...

+

“Loita nas rúas e nos despachos” – José Manuel Pena

Bandeiras anticonstitucionais e falanxistas, cánticos franquistas, insultos e odio cara a todos aqueles que non pensan como eles, é a imaxe desagradable e vergoñosa que demostraron un grupo de mozos, algúns menores de idade, na capital de España. Algúns nos...

+

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

Vaya por delante que la huelga es una conquista consagrada que tienen los trabajadorespara reivindicar y defender sus derechos. De hecho, en lo que llevamos de democraciatodas las huelgas generales se convocaron por razones laborales contra las políticas delGobierno...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.