Galicia rexistra un total de 567 casos infectados por coronavirus

20 Marzo 2020

A Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade comunica que, na última actualización, o número de casos de coronavirus en Galicia ascende a 567: 152 na área da Coruña, 46 na de Lugo, 63 na de Ourense, 83 na de Pontevedra, 108 na de Vigo, 94 na de Santiago e 21 na de Ferrol.

Do total de pacientes positivos, 19 permanecen en UCI, 137 están en unidades de hospitalización e 411 no domicilio. Polo de agora, en Galicia rexistráronse 5 altas de pacientes e 6 falecementos. Segundo informan, o último é dun varón de 89 anos, con múltiples patoloxías complexas previas, que estaba ingresado no Hospital de Monforte.

A Xunta manifesta que continúa a traballar desde a máxima coordinación interdepartamental e co Ministerio de Sanidade, tamén mantendo o contacto con tódolos axentes socioeconómicos de Galicia. Neste senso, Sanidade reitera que se segue en alerta actualizando tódalas medidas e recomendacións e en vixilancia permanente.

Así mesmo, insístese en que a cidadanía empregue o número 061 só para emerxencias ou casos graves e aconsella utilizar o número gratuíto do 900400116 para consultar dúbidas ou síntomas leves de coronavirus.

Ademais, o Sergas ten a disposición da cidadanía a páxina web https://coronavirus.sergas.gal, na que se pode consultar información dirixida á poboación, aos profesionais sanitarios e a outros colectivos.

Os técnicos da Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade inciden nas recomendacións consensuadas entre as comunidades autónomas e o Ministerio de Sanidade, e lembran que, en liñas xerais, aconséllase adoptar as medidas de autoprotección e limitación da diseminación do virus común a calquera infección respiratoria, como a gripe. Por isto, extremarase a hixiene de mans, lavándoas frecuentemente, especialmente despois de tusir ou soarse, e cubrirase o nariz e a boca cun pano -preferentemente desbotable- ao tusir ou esbirrar, ou se non se dispón de pano, na cara interna do cóbado. Tamén se evitará tocar os ollos, o nariz e a boca coas mans.

Outros artigos

O PSOE de Ribeira acusa ao Executivo local de “falta de propostas”

O PSOE de Ribeira tamén fixo balance do ano de Goberno do PP e PBBI logo da moción de censura consumada en outubro do ano pasado. No seu balance afirmou que a alcaldesa, coincidindo co primeiro aniversario da moción de censura, "segue sen ofrecer solucións á fronte da...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

Vaya por delante que la huelga es una conquista consagrada que tienen los trabajadorespara reivindicar y defender sus derechos. De hecho, en lo que llevamos de democraciatodas las huelgas generales se convocaron por razones laborales contra las políticas delGobierno...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.