Dodro rendeu homenaxe a 20 mulleres de todos os ámbitos sociais cun Paseo das Estrelas que se irá incrementando en vindeiras edicións do 8M

20 Marzo 2025

No marco das celebracións do 8M, Día Internacional da Muller, o Concello de Dodro quixo reivindicar as historias das veciñas e das súas importantes e imprescindíbeis contribucións ao progreso social, cultural e económico do concello. Fíxoo inaugurando este pasado venres 13 de marzo o Paseo das Estrelas de Dodro, unha homenaxe a 20 mulleres de tódolos ámbitos e sectores da cidadanía que se irá incrementando con máis celebracións e distincións nos vindeiros anos por estas datas. “Queremos que o paseo vaia medrando coas estreas de moitas outras mulleres que constrúen este concello día a día”, sinalaron dende o Goberno local.

Nas celebracións deste 13 de marzo rendeuse tributo a María Teresa Batalla Romero, concelleira de Servizos Sociais e Igualdade, HIba Makiyah, muller emigrante de de Dodro, Verónica Calvo Dopazo, muller deportista, María A. Couto Feteira, representante do Centro de Día, Virginia Calvo Cardama, representante da Escola Infantil de Dodro, Milagros González Laceiras, representante do CRA (Colexio Rural Agrupado) de Dodro, Minia Fernández González, representante do colectivo das mulleres maiores de Dodro, Inés Varela Romero, representante de AMIPA – persoas con discapacidade, Carmen tourís Reboiras, representante de Andaina Pro Saúde Mental, Isabel Queiruga Figueiro, muller universitaria e representante da ANPA local, Anaís Iglesias Francisco, poeta e representante do colectivo LGTBI+, Gloria Romero Vidal, muller coidadora de persoas maiores ou dependentes, Tania Casal Calvo, muller emprendedora, Estrella Ponce García, representante do Centro de Saúde, Esther Rodríguez Abuín, muller supervivente, María Yolanda Silva Ares, nai con responsabilidades familiares non compartidas, Soledad Tarrío Pérez, representante das mulleres lonxevas de Dodro que recibirá unha homenaxe póstuma, Ana Fernánez Pérez, representante do CPI, Alicia Pérez Bustelo, representante das mulleres embarazadas e Alma Figuera Souto, representante das mulleres de Dodro que estrean a maioría de idade.

Outros artigos

O PSOE de Ribeira acusa ao Executivo local de “falta de propostas”

O PSOE de Ribeira tamén fixo balance do ano de Goberno do PP e PBBI logo da moción de censura consumada en outubro do ano pasado. No seu balance afirmou que a alcaldesa, coincidindo co primeiro aniversario da moción de censura, "segue sen ofrecer solucións á fronte da...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

Vaya por delante que la huelga es una conquista consagrada que tienen los trabajadorespara reivindicar y defender sus derechos. De hecho, en lo que llevamos de democraciatodas las huelgas generales se convocaron por razones laborales contra las políticas delGobierno...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.