A Pobra sortea os premios do concurso As Sete Rosalías

18 Marzo 2025

Encadrado nas celebracións do Día de Rosalía, do 18 ao 28 de febreiro o Concello da Pobra organizou o concurso As Sete Rosalías, unha actividade para os nenos e as nenas que deberon atopar en máis de trinta establecementos comerciais da Pobra do Caramiñal as “sete Rosalías diferenciadas”. A dinámica foi a habitual: as nenas e nenos deberon buscar as siluetas co rostro da poeta expostas nos escaparates dunha trintena de establecementos colaboradores no período comprendido entre o 18 e o 28 de febreiro.

Participaron nenos e nenas con idades comprendidas entre os 6 e 12 anos dos colexios Salustiano Rey Eiras (Bandaseca) e Pilar Maestú Sierra (Cadreche). O Concello da Pobra, a través da concelleira de Cultura, Patricia Lojo, e a técnica Fita Sanisidro, participaron esta semana no sorteo do xogo nos ditos centros educativos. En total sorteáronse 50 botellas; 20 en Cadreche  e 30 en Bandaseca.

Outros artigos

Este sábado 28 a Alameda de Noia acolle unha roda de capoeira

Este sábado 28 de novembro celebrarase unha roda de capoeira na Alameda. Unha roda de capoeira é un círculo humano onde se practica esta arte marcial afrobrasileira, funcionando como o seu espazo central de expresión, xogo, música e comunidade. Nela, as música e as...

+

Publicidade

PEL
PEL

Revista en papel

Opinión

“La transición y Carmen Díaz de Rivera” – Manuel Domínguez

“La transición y Carmen Díaz de Rivera” – Manuel Domínguez

La transición y Carmen Díaz de Rivera. 84 años de su nacimiento y 27 que nos dejo. Antes de hablar de la importancia de Carmen en relación a la transición, permítaseme, comenzar por el principio. Carmen tenía 17 años, quería oficializar su relación de noviazgo, con...