Os alcaldes de Barbanza Arousa din non a Altri

18 Marzo 2025

Na mañá deste 18 de marzo os alcaldes da Mancomunidade Barbanza Arousa, Julián Bustelo, José Ramón Romero, José Carlos Vidal e Luis Pérez Barral (rexedores, respectivamente, de Rianxo, Boiro, A Pobra do Caramiñal e Ribeira) ofreceron unha rolda de prensa conxunta na que mostraron a seu total rexeitamento ao proxecto de Altri en Palas de Rei pois, tal como indicaron, “este supón un impacto directo na Rede Natura 2000, que ameaza flora e fauna endémicas, que pon en risco o consumo de auga da poboación e industria da Barbanza e cuxas verteduras de augas residuais ao río Ulla poderían prexudicar o sector do mar da ría de Arousa”.

Esta é a segunda ocasión na que os alcaldes xuntan forzas contra deste proxecto, contra o que xa hai un ano presentaron alegacións argumentando “o seu previsíbel impacto nun entorno xa moi deteriorado como é o río Ulla, do que depende o abastecemento de auga dos municipios deste territorio e a ría de Arousa”.

Na rolda de prensa deste 18 de marzo, os alcaldes ofreceron algúns datos do posíbel impacto que este modelo industrial tería na comarca. Destacaron a importancia do sector primario do mar como “un sector estratéxico para a economía local, do que dependen un importante número de familias en cada un dos concellos que poderían verse en risco ao comprometerse a calidade das augas do río Ulla, o máis determinante para a súa produtividade marisqueira por ser o máis caudaloso dos que alimentan a ría de Arousa, así como o impacto ambiental e os riscos no abastecemento de auga potable da poboación”.

Luís Pérez Barral, Julián Bustelo, José Carlos Vidal e José Ramón Romero remataron a súa exposición pública facendo un chamamento a participar na mobilización convocada para o vindeiro día 22 de marzo convocada pola Plataforma en Defensa da Ría de Arousa e instan á Xunta de Galicia a velar polos intereses dos municipios que dependen do río Ulla e da ría de Arousa.

Outros artigos

Amicos énchese de personaxes de cinema para celebrar o Samaín

Meigas, criaturas do máis alá e personaxes dalgunhas das películas máis coñecidas do cinema de terror déronse cita na sede boirense de Amicos para celebrar o Samaín 2026. O Centro de Atención Integral transformouse nun escenario de película, onde persoas de todas as...

+

Ames, a RAG e Rois impulsan unha nova edición de Modo galego

O proxecto de investigación-acción para a dinamización da lingua na infancia Modo galego, actívao! iniciou hoxe unha nova etapa de consolidación e extensión. Fíxoo novamente da man do Concello de Ames e a Real Academia Galega (RAG) e cunha nova entidade aliada: o...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.