Pesar en Ribeira pola morte de Joaquín Otero Fernández-Victorio Goyanes

17 Marzo 2025
Joaquín Otero Fernández-Victorio Goyanes

Joaquín Otero Fernández-Victorio Goyanes, descendente da histórica familia Otero Goyanes e estreitamente vinculado a Ribeira, faleceu o pasado domingo en Marbella aos 86 anos. A súa conexión coa localidade remontábase a xeracións e reflectíase nos veráns que pasaba coa súa familia na casa señorial fronte á igrexa de Santa Uxía .

Fillo único de Joaquín María de Otero e Goyanes e María de los Ángeles Fernández-Victorio y Canoura, perdeu á súa nai aos tres anos. O seu pai contraeu un segundo matrimonio con María Soledad Zuleta de Reales y Carvajal, marquesa de Revilla, con quen tivo aos seus irmáns Diego e Francisco Borja, este último actual marqués de Revilla.

Licenciado en Dereito, Joaquín Otero exerceu como inspector de traballo durante catro décadas. Apaixonado da xenealoxía, escribiu dúas obras sobre a historia da súa liñaxe e a súa relación coa Orde de Malta. O seu fillo Joaquín Otero Puig lémbrao como «un referente para a familia», con quen mantiña longas conversacións sobre historia e valores relixiosos.

As cinzas do falecido serán depositadas no panteón familiar de Ribeira ubicado no camposanto de Fafián. D.E.P.

Outros artigos

Estabilizado o lume de Ribasieira (O Son)

A Consellería do Medio Rural informou de que o incendio forestal rexistrado no concello coruñés do Porto do Son, parroquia de Ribasieira, quedou estabilizado ás 18,15 horas de hoxe. O lume iniciouse ás 14,42 horas de onte e segundo as últimas estimacións provisionais...

+

Este mércores 23, comeza o outono logo dun verán de récord

Este verán foi o de maior número de días con temperatura máxima por riba dos 30 graos en Compostela, segundo datos do Observatorio Astronómico da USC Comeza o outono. Foto: Santi Alvite Ás 2:05 horas do mércores 23 dá comezo o outono no hemisferio boreal. Esa hora...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Caridade e solidariedade” – José Manuel Pena

“Caridade e solidariedade” – José Manuel Pena

“Axúdanlles moito máis aos estranxeiros que ás familias humildes da zona”. Observo como unha muller inmigrante, entregaba un cupón de alimentos, e saía do supermercado con dous carros repletos de comida, mentres que a unha veciña, sen apenas recursos, só lle dan unha...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.