“Lixo fóra: o capital galego-portugués e a política do goberno de Galicia, unidos contra o sentir dos galegos”. Antón Luaces

17 Marzo 2025

A política e a empresarial son as vías ca multinacional portuguesa Altri percorre coa fin de se instalar no mesmo centro da comunidade galega coa colaboración da Xunta, o ser ou non ser do Goberno central e a decidida oposición do BNG e milleiros de cidadáns galegos fartos de industrias sumamente contamiñantes  e de inmensos eucaliptais que ninguén quer e que falan por sí mesmos de secas e lumes de contaminación ambiental.

 Boa parte da cidadanía galega, con manifestacións, concentracións, manifestos -entre outras accións reivindicativas- expresan a súa decisión de non  repetir pasadas experiencias con resultados catastróficos. Queren parar o que para os interesados nesa ubicación non é outra cousa ca o avance social e económico que non chegarían a Galicia doutro xeito: non se poden poñer portas ao progreso, din.

 E ao mesmo tempo, sectores que son en boa medida identitarios desta terra nosa, amosan o seu rexeitamento a unha industria celulosa que multiplicaría os prexudiciais efectos da celulosa de Pontevedra instalada ao pé da ría dende os anos 60 do século pasado

O Proxecto Gama -nome comercial que acubilla a Altri- e a empresa galega Greenalia, agochan nomes de persoas e fortunas coma Greenpiber SL. , con poder político  indiscutible, que permiten que o capital portugués logre que a megaindustria de Altri dispoña do apoio evidente da Xunta para sentar a súa base no epicentro xeográfico dunha Galicia receptora á forza do que na veciña Portugal rexeitan: unha macrocelulosa que consumiría diariamente 46 millóns de litros de auga do rio Ulla e algúns dos seus afluentes que, en boa medida (aproximadamente 30 millóns de litros) retornarían coma verteduras residuais á xa prexudicada por outros vertidos ría de Arousa.

Altri vai ocupar, se non hai outro remedio, unha extensión semellante á da suma de 500 campos de fútbol e xa conta coa declaración de impacto ambiental  para a súa instalación porque, a xuizo da Consellería de Medio Ambiente, resulta “ambientalmente viable”.

O pasado venres, o Diario Oficial de Galicia (DOG) publicou a declaración de impacto ambiental positiva para o proxecto de Altri que deixará ao municipio de Palas de Rei como un outro referente na loita contra as causas perdidas polas que os políticos galegos non quixeron ou non souberon loitar.

Da pasteira sairán anualmente 400.000 toneladas de celulosa soluble. 

Ao igual que acontecía nos anos 60 do século pasado, o eucalipto e a celulosa marcan un  camiño errado para o pobo, coa fin de facer máis ricos a uns galegos que din  defender a Galicia cando o único que defenden é a súa conta de resultados económicos.

Outros artigos

“Compartir el éxito de la empresa”. José Castro López

Conté en comentarios anteriores la historia del italiano, Enzo Rossi, director de unafábrica de pasta, que en el año 2007 se asignó un sueldo de 1.000 euros al mes paraexperimentar en carne propia si era posible vivir con esa cantidad y comprobar así lascondiciones...

+

“La soledad, mala compañera”. Javier García Sánchez

Afecta a una de cada cinco personas en España, y se trata de una sensación deaislamiento y desconexión emocionalNos demos cuenta o no lo cierto es que cada vez vivimos en una sociedad másindividualista donde recala con fuerza la soledad no deseada. Se trata de...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Santos con lentes”. Xosé A. López Silva

“Santos con lentes”. Xosé A. López Silva

Hai anos que levo un caderno de santos: datas, anécdotas e atributos rechamantes, apuntados sen moita orde nin concerto. Abre por San Xerome, o mesmo que de cando en cando volve aos xornais porque na fachada de Santa María de Pontevedra, entre os doutores da Igrexa,...

“Emerxencia habitacional” – José Manuel Pena

“Emerxencia habitacional” – José Manuel Pena

O Goberno Vasco vén de mercar ao fondo de investimento Blackstone unhas 510 vivendas con destino a alugueiros sociais para familias vulnerables. Estas noticias son as que realmente contribúen ao cumprimento do Dereito á Vivenda, recollido no artigo 47 da Constitución...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.