Luns 17, unha borrasca afectará á comarca cara o mediodía

16 Marzo 2025

O luns, Galicia irá entrando progresivamente baixo a influencia da borrasca Laurence, situada ao suroeste de Portugal, que marcará un réxime de ventos do leste na rexión. Con esta situación meteorolóxica, espéranse ceos parcialmente cubertos ao longo da xornada, con precipitacións máis probables pola tarde, especialmente na provincia de Pontevedra e no sur da Coruña.

As temperaturas experimentarán un moderado ascenso, sendo especialmente notable no caso das mínimas. En canto ao vento, este soprará de compoñente leste, con intervalos de intensidade moderada, particularmente no litoral galego.

meteogalicia

O noso mar: Vento do nordés á mañá, do leste á tarde e variable á noite, forza 3 a 5 á mañá, 2 a 3 á tarde e 1 a 2 á noite. Marusía á mañá, mar ovellado á tarde e mar rizado á noite. Visibilidade regular á mañá e á tarde e boa á noite. Mar de fondo do sudoeste á mañá e oeste á tarde e á noite, con ondas de 1 a 1.5 metros á mañá, 3 a 3.5 metros á tarde e 2 a 3 metros á noite.

Cámaras web da comarca  (algunha pode nun funcionar puntualmente)

  1. Coroso directo _ Santa Uxía de Ribeira
  2. Praia de Balieiros directo- Corrubedo
  3. Praia da Ladeira directo- Corrubedo
  4. Praia das Furnas directo. Porto do Son
  5. Praia Aguieira directo.Porto do Son
  6. Portosín. Porto do Son
  7. Sálvora. Santa Uxía de Ribeira
  8. Pobra do Caramiñal directo. A Pobra
  9. Centro Náutico do Freixo
  10. Praia de Carnota
  11. Praia de Corón Vilanova de Arousa
  12. O Grove

Outros artigos

O filme documental 360 curvas proxéctase este domingo en Boiro

O Ciclo de Cine Mestre Mateo, impulsado nos concellos pola Academia Galega do Audiovisual, volveu poñer o foco en Boiro para dar coñecer ao público a rica colleita cinematográfica galega deste último ano. Sen ir máis lonxe, este domingo 18 de outubro proxectarase no...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Juan Magán” – Xulio Xiz

“Juan Magán” – Xulio Xiz

Estes días, Merce e máis eu, mergullámonos cada día no multitudinario ambiente festeiro, disfrutamos coa venerable presencia de Celtas Cortos e ousamos asistir ao concerto de Juan Magán. Con relativo coñecemento do actual mundo musical, que navega de Camilo a India,...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.