Proseguen en Muros as actividades do 8M con obradoiros de prevención de violencia nos institutos (e contacontos e un café feminista)

14 Marzo 2025

O programa de actividades de Muros polo 8M, Día Internacional da Muller, abrangue boa parte do mes de marzo e, de feito, aínda ten deparadas varias citas de interese para a veciñanza. A axenda comezou o sábado 8, coa cita Antes que a memoria esqueza, unha homenaxe ás mulleres do serradoiro no local social de Surribos, Abelleira, organizada pola Asociación de Veciños A Ostreira coa colaboración do concello. Proseguiu con obradoiros sobre igualdade e prevención de violencia machista nos IES de Fontexería e As Insuas, este martes 11 de marzo. “É moi importante que as nenas e os nenos tomen conciencia do que é a igualdade e por iso poñemos o foco nos centros de ensino”, explicou Laura Rivadeneira, concelleira de Ensino, con motivo da celebración destes obradoiros para a mocidade. Pola súa banda, a concelleira de Igualdade, Maruxa Martínez, agradeceu a implicación e o interese do alumnado nestas actividades de divulgación e sensibilización celebradas nos dous institutos de secundaria.

O programa do 8M argallado polo Concello de Muros prosegue este venres 14 de marzo con contacontos teatralizados para o CEIP Ramón de Artaza, o CEIP Ricardo Tobío, o CEIP de Louro e a Escola de Educación Infantil de Muros.

A axenda prosegue este sábado 15 cun Café Feminista. Será no local social de Surribos (Abelleira) ás 17.30 horas. Tocaranse temas como a carga mental ou multitasking (a capacidade de realizar varias tarefas de xeito simultáneo) ou, tamén, como impactan os mandatos de xénero na calidade de vida das mulleres. Contarase coa presenza das psicólogas Áurea Brea e Alba Souto, que establecerán “un diálogo coas persoas asistentes coas que terán resolver as súas dúbidas e inquietudes arredor dos ditos conceptos”, segundo explicou Maruxa Martínez, concelleira de Igualdade de Muros.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

Cando a secretaria da Academia Sueca a chamou para comunicarlle a concesión do Nobel de Literatura, Anne Carson estaba en Islandia, segundo dixo, escoitando o vento. Aos setenta e seis anos, unha muller que viviu de ensinar grego antigo, traduciu a Safo e deulle nova...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.