Dodro sobe ao bus do teatro do CDG o vindeiro 11 de abril

13 Marzo 2025

Dodro é un dos concellos da nosa contorna que vai participar na iniciativa Sobes ao autobús do teatro?, iniciativa de mobilidade impulsada polo Centro Dramático Galego (CDG) para facilitar a presenza de público de fóra de Santiago nas representacións da agrupación no Salón Teatro de Compostela. Desta volta, está programada unha saída dende Dodro para asistir á función A burra, a mesa e o pau, será o venres 11 de abril, ás 16.00 horas (con inicio de función ás 18.00) na praza do Concello. As entradas achéganse a un prezo especial de 5 euros. As inscricións poden facerse no teléfono 981 802 472.

O Centro Dramático Galego ofrecerá até o 20 de abril, no Salón Teatro de Santiago, cinco funcións de A burra, a mesa e o pau. A montaxe, con dirección e dramaturxia de Lorena Conde, conta cun elenco de 15 actores e actrices que integran Xúlio Abonjo, Maika Aguado, Beatriz Barcia, Xosé Manuel Esperante, Andrés Giráldez, Alixa Ladson, Roberto Leal, Mario López, Pablo Loureiro, Carla Mojón, Grial Montes, Paloma Otero, Paulo Serantes, Nelu Vermouth e Arantza Villar para dar vida a unha proposta escénica ideada como unha fábula arredor dunha familia obreira galega desexosa de atopar solucións máxicas para saír da súa precariedade.

A burra, a mesa e o pau dispón de interpretación a lingua de signos, subtítulos para os dispositivos móbiles, programa de lectura fácil e, nas sesións descontraídas dos mércores, o acondicionamento especial da sala. Con esta función consolidouse a campaña de mobilidade Sobes ao autobús do teatro?, que facilita servizo gratuíto de autocares para ver o espectáculo e á que xa se sumaron 65 concellos das catro provincias, incluído o de Dodro.

Outros artigos

O PSOE de Ribeira acusa ao Executivo local de “falta de propostas”

O PSOE de Ribeira tamén fixo balance do ano de Goberno do PP e PBBI logo da moción de censura consumada en outubro do ano pasado. No seu balance afirmou que a alcaldesa, coincidindo co primeiro aniversario da moción de censura, "segue sen ofrecer solucións á fronte da...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

Vaya por delante que la huelga es una conquista consagrada que tienen los trabajadorespara reivindicar y defender sus derechos. De hecho, en lo que llevamos de democraciatodas las huelgas generales se convocaron por razones laborales contra las políticas delGobierno...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.