“Aberta a costeira do bocarte deste ano, con novas medidas de xestión para os cerqueiros do Cantábrico” 

12 Marzo 2025

Antón Luaces.- O Ministerio de Pesca e o sector do cerco do Cantábrico noroeste  acordaron medidas de xestión  para a costeira da anchoa de 2025 que garanten a actividade de todos os operadores, ao se reservar un 10% da cota para as embarcacións non vencelladas a unha entidade de representación. O Ministerio elaborará unha orde para incorporar as novas medidas  acordadas á pesqueira do bocarte, que se abriu o pasado luns.

A secretaria xeral de Pesca, Isabel Artime, acadou  o acordo co sector cerqueiro citado, a partir da proposta presentada pola asociación de organizacións de produtores Opescantábrico que aglutina ao 90% da produción, e que consiste na distribución dun límite do 96% das capturas entre as súas entidades asociativas, de xeito que cada unha delas podería regular o ritmo da pesqueira e o volume de desembarques, coa fin de optimizar o aproveitamento da cota dispoñible.

O consenso acadado para acordar ese modelo de xestión e ampliar o límite de capturas do 4% ao 10% para aqueles operadores que non están vinculados a estas entidades asociativas e que non  estaban no acordo inicial. Así se asignou un 90% de límite de captura ás entidades representativas de Opescantábrico.

Esta distribución de límites de capturas non dará lugar á consolidación de dereitos de cara a un futuro posible reparto da cota do bocarte.

Téntase, con  esta medida, paliar as descargas masivas de exemplares de bocarte de tamaño pequeno e de baixa cotización detectada nos primeiros días de campaña de anos anteriores, e con esto mellorar a rendibilidade de todos os buques que participen na pesqueira.

O novo modelo de xestión terá en conta que, unha vez comezada a campaña, as capturas realizadas ata a publicación da futura norma van computarse conforme aos límites que se establezan na mesma.

A cota de anchoa para este ano é de máis de 28.600 toneladas. 

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Un negocio moi rendible” – José Manuel Pena

“Un negocio moi rendible” – José Manuel Pena

Demasiada hipocrisía en materia de vivenda por parte de moito axentes políticos, sociais e empresariais. A vivenda continúa sendo un negocio e moi rendible para uns poucos propietarios sen escrúpulos, para os fondos voitre, grupos inmobiliarios e grandes propietarios,...

“Teresa de Antas” – Xulio Xiz

“Teresa de Antas” – Xulio Xiz

A Casa da Cultura de Antas de Ulla chámase Teresa Batán. Bautizárona co nome da muller que entregou a vida á Biblioteca do seu pobo. Para min é Teresa de Antas desde hai máis de trinta anos, amiga admirada pola dedicación preocupada pola cultura e polos nenos. Na...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.