A Policía Nacional lembra a obrigatoriedade de permanecer na casa os próximos días festivos

18 Marzo 2020

A Policía Nacional lembra á cidadanía a obrigación de cumprir o establecido no Real Decreto 463/2020, modificado polo RD 465/2020, polo que se declara o Estado de alarma para a xestión da crise sanitaria.

Mañá, 19 de marzo, Día do Pai, é festivo en Galicia. Neste senso, o corpo policial recorda a responsabilidade que ten a cidadanía coa sociedade para formar parte nesta loita contra o COVID-19 e a obriga de permanecer nos seus domicilios.

Tamén sinalan que, de acordo coas medidas recollidas no Real Decreto, durante a vixencia do Estado de alarma as persoas unicamente poderán circular polas vías e espazos de uso público para a realización dunha serie de actividades moi concretas, “entre as que non se atopan os traslados a unha segunda residencia”, debendo permanecer na vivenda habitual. Así, as Forzas e Corpos de Seguridade velarán nas rúas para que este tipo de desprazamentos non se leven a cabo.

Outros artigos

O PSOE de Ribeira acusa ao Executivo local de “falta de propostas”

O PSOE de Ribeira tamén fixo balance do ano de Goberno do PP e PBBI logo da moción de censura consumada en outubro do ano pasado. No seu balance afirmou que a alcaldesa, coincidindo co primeiro aniversario da moción de censura, "segue sen ofrecer solucións á fronte da...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Juan Magán” – Xulio Xiz

“Juan Magán” – Xulio Xiz

Estes días, Merce e máis eu, mergullámonos cada día no multitudinario ambiente festeiro, disfrutamos coa venerable presencia de Celtas Cortos e ousamos asistir ao concerto de Juan Magán. Con relativo coñecemento do actual mundo musical, que navega de Camilo a India,...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.