Comezan este venres 14 en Abanqueiro as novas actividades do programa Muller e Saúde 2025

10 Marzo 2025

O Centro Social de Abanqueiro acolle este venres 14 de marzo, ás 16.00 horas, unha nova actividade do programa Muller e Saúde, edición 2025. Trátase da charla Recursos básicos para a xestión emocional, destinada a dotar de ferramentas de xestión emocional e organización para mellorar a osa calidade de vida. As inscricións poden facerse no CIM de Boiro mediante o enderezo electrónico cim@boiro.org ou o teléfono 669 582 674.

A charla está organizada polo Concello de Boiro, a través do Centro de Información á Muller.

As actividades proseguirán o 21 de marzo con Estilos de vida Saudábeis-Mindfullness, que abordará a importancia do estilo de vida (ocio) no benestar persoal e o mantemento do contacto directo da persoa co entorno. Ser á en horario de tarde, de 16.00 a 20.00 horas, no Centro Social de Abanqueiro.

Outros artigos

O filme documental 360 curvas proxéctase este domingo en Boiro

O Ciclo de Cine Mestre Mateo, impulsado nos concellos pola Academia Galega do Audiovisual, volveu poñer o foco en Boiro para dar coñecer ao público a rica colleita cinematográfica galega deste último ano. Sen ir máis lonxe, este domingo 18 de outubro proxectarase no...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Juan Magán” – Xulio Xiz

“Juan Magán” – Xulio Xiz

Estes días, Merce e máis eu, mergullámonos cada día no multitudinario ambiente festeiro, disfrutamos coa venerable presencia de Celtas Cortos e ousamos asistir ao concerto de Juan Magán. Con relativo coñecemento do actual mundo musical, que navega de Camilo a India,...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.