A práctica de facer deporte e activismo ambiental (“plogging”) chega a Outes

10 Marzo 2025

Esta semana desembarca na Serra de Outes a nova modalidade deportiva que combina actividade física con compromiso e activismo ambiental. Trátase do plogging (en galego, corre-colle), que consiste en apañar lixo ou retirar especies invasoras mentres se trota (en inglés, jogging) ou camiña nun entorno natural. Farao a través do proxecto ReNatur_Outes, que leva traballando máis de dous anos para a renaturalización fluvial do río Tins no concello de Outes, que se ben xa ten organizado ducias de actividades de voluntariado con fins similares, decidiu que esta semana cumpría levar este tipo de actividades a “outro nivel”. Este primeiro torneo de plogging celebrarase o domingo 16 coincidindo co Trail de Outes, buscando que as numerosas persoas que acompañarán o evento poidan participar nesta actividade apta para todos os públicos, idades e condicións físicas.

A sesión comezará ás 9:30 ao pé da Casa da Cultura de Outes e as participantes só terán que vir uns minutos antes para se apuntar no momento nunha das dúas categorías: trote (jogging) ou paseo. A actividade finalizará ás 11:00, momento no que entregarán premios ás participantes máis destacadas en cada unha das modalidades.

Para aquecer motores, o proxecto ReNatur_Outes convocou un voluntariado de quecemento previo o venres 14, na que tamén participarán as usuarias de Misela, asociación de persoas con discapacidade da comarca de Noia e Muros. Esa sesión partirá igualmente da Casa da Cultura, neste caso de de 11:00 a 13:30.

Liderado polo Concello de Outes, Renatur_Outes conta coa participación de investigadores das tres universidades públicas galegas, a Fundación Montescola e o CEER (Centro de Estudos Eurorrexionais Galicia- Norte de Portugal) e o apoio da Fundación Biodiversidad do Ministerio para la Transición Ecológica y el Reto Demográfico (MITECO) no marco do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia (PRTR), financiado pola Unión Europea – NextGenerationEU.

No eixo do proxecto están a recuperación do bosque de ribeira, o control de especies exóticas invasoras, como as distintas especies de acacia presentes, a limpeza de residuos da contorna fluvial, e a sensibilización ambiental mediante accións de voluntariado, formativas e divulgativas e sesións de gobernanza cidadá ao longo de toda a vida do proxecto. Desde xeito non só se pretende alcanzar unha recuperación e mellora da biodiversidade, mais xerar un compromiso social máis alá da propia vida do proxecto.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La tiranía de no intentarlo”. José Antonio Constenla

“La tiranía de no intentarlo”. José Antonio Constenla

Tras el varapalo del último informe PISA, que sitúa a los alumnos españolespor debajo de la media de los países miembros de la OCDE en matemáticas,lectura y ciencias, lo que muestra un importante retroceso respecto a losniveles de hace una década, alguien debería...

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

En 1969 Laurence J. Peter formuló el principio que lleva su nombre según el cual, enuna estructura jerárquica, los empleados llegan al nivel de incompetencia cuando sonascendidos a puestos para los que ya no están capacitados. El pedagogo canadienseformuló su teoría...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.