En Galicia máis de 80 incidencias por meteoroloxía adversa desde o mediodía

07 Marzo 2025

Entre a medianoite e as 19 horas deste venres, o 112 Galicia rexistrou un total de 83 incidencias relacionadas coas condicións meteorolóxicas adversas, a práctica totalidade (76) a partir do mediodía. O vento foi o principal protagonista, causando a maior parte das intervencións. As tipoloxías máis repetidas foron a presenza de árbores ou pólas nas vías de circulación (27 casos), a caída doutros obxectos (18) e as actuacións dos servizos de emerxencia para previr riscos (15), como a retirada de elementos desprendidos das fachadas dos edificios ou do mobiliario urbano.

Por provincias, Pontevedra foi a máis afectada, con 32 incidencias, seguida da Coruña (27), Lugo (16) e Ourense (6). Entre os concellos con máis incidencias destacan Lugo, Vigo e Vilagarcía, con catro casos cada un, mentres que Guitiriz, Poio, Pontevedra e Vilanova contabilizaron tres.

Ante esta situación, reiteramos a importancia de adoptar medidas de autoprotección. Durante a fin de semana manterase activa unha alerta amarela por vento en terra, que afectará practicamente a todo o litoral da comunidade.

Outros artigos

O PSOE de Ribeira acusa ao Executivo local de “falta de propostas”

O PSOE de Ribeira tamén fixo balance do ano de Goberno do PP e PBBI logo da moción de censura consumada en outubro do ano pasado. No seu balance afirmou que a alcaldesa, coincidindo co primeiro aniversario da moción de censura, "segue sen ofrecer solucións á fronte da...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

Vaya por delante que la huelga es una conquista consagrada que tienen los trabajadorespara reivindicar y defender sus derechos. De hecho, en lo que llevamos de democraciatodas las huelgas generales se convocaron por razones laborales contra las políticas delGobierno...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.