Boiro celebra o seu Xantar das Persoas Maiores con 550 comensais e coa presenza do presidente da Deputación e de alcaldes e concelleiros do Barbanza

07 Marzo 2025

O Concello de Boiro festexou este venres 7 de marzo o seu tradicional Xantar de confraternidade das Persoas Maiores, unha cita na que participaron máis de 550 comensais, ademais do alcalde, José Ramón Romero, o presidente da Deputación, Valentín González Formoso, o alcalde de Rianxo, Julián Bustelo, a deputada de Servizos Sociais, Mar García, membros do Goberno local e concelleiros da Corporación, así como concelleiros dos concellos da comarca.

O alcalde de Boiro agradeceu a todas as persoas maiores a súa asistencia a este acto “este día é para vós, porque todo o que somos como pobo debémosllo ao voso traballo e ao voso esforzo durante décadas e dende o Concello de Boiro imos seguir traballando para que estesexa un lugar cómodo tamén para as persoas maiores e dotado de todos os servizos necesarios”.

O presidente da Deputación, Valentin G. Formoso, destacou “o esforzo das xeracións que nos precederon, que fixeron posíbel o Boiro de hoxe, un dos municipios máis puxantes e dinámicos da provincia”.

O menú do xantar consistiu en centola, cigalas, camaróns, pescada, xarrete e sobremesas típicas do Entroido. A xornada continuou con música e baile.

Na cita, celebrada no Pavillón de Barraña, o presidente da Deputación puxo en valor o compromiso do Goberno local coa atención ás persoas maiores e o apoio que reciben da Deputación para mellorar os servizos sociais.

Lembrou que na comarca do Barbanza, 572 persoas contan co servizo de Teleasistencia da Deputación, das cales 94 residen en Boiro. Ademais, a institución provincial financia máis de 42.000 horas anuais de servizo de axuda no fogar na zona.

Outros artigos

O filme documental 360 curvas proxéctase este domingo en Boiro

O Ciclo de Cine Mestre Mateo, impulsado nos concellos pola Academia Galega do Audiovisual, volveu poñer o foco en Boiro para dar coñecer ao público a rica colleita cinematográfica galega deste último ano. Sen ir máis lonxe, este domingo 18 de outubro proxectarase no...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Juan Magán” – Xulio Xiz

“Juan Magán” – Xulio Xiz

Estes días, Merce e máis eu, mergullámonos cada día no multitudinario ambiente festeiro, disfrutamos coa venerable presencia de Celtas Cortos e ousamos asistir ao concerto de Juan Magán. Con relativo coñecemento do actual mundo musical, que navega de Camilo a India,...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.