O IES Virxe do Mar entrega o II Premio Mulleres VdM a Yessica Muíños Reyes

06 Marzo 2025

O IES Virxe do Mar de Noia celebrará este venres, 7 de marzo, a entrega do II Premio Mulleres VdM, un galardón creado para recoñecer e poñer en valor o traballo de mulleres destacadas que manteñen unha vínculo co centro. Nesta segunda edición, a homenaxeada será Yessica Muíños Reyes, exalumna do instituto e nai loitadora, quen recibirá o recoñecemento nun acto aberto ao público que terá lugar no centro ás 12:30 horas.

A directora do IES Virxe do Mar, Miriam López, subliñou a importancia deste premio, explicando que “buscamos visibilizar o traballo da muller na sociedade, recoñecendo a aquelas con vinculación ao centro e favorecendo dende a comunidade educativa novos referentes femininos”.

Yessica Muíños Reyes destaca pola súa loita en defensa das persoas que padecen atrofia muscular espinal (AME), unha enfermidade que lle foi diagnosticada ao seu fillo pouco despois do seu nacemento. A pesar do prognóstico inicial, que limitaba a esperanza de vida do neno a apenas 24 meses, a súa loita e dedicación permitiron superar moitos obstáculos, chegando recentemente a finalizar o ciclo de ensinanza infantil.

O acto de entrega do premio contará coa presenza da premiada, da directora do centro, da xefa de estudos Eva Núñez e do vicedirector Fernando Vigo. Ademais, asistirá Rosita Paz, galardoada na edición anterior, xunto con familiares, amizades e veciñanza de Noia. A cerimonia incluirá unha actuación musical a cargo de dous grupos de alumnado do instituto e concluirá coa colocación dunha placa conmemorativa en honra da premiada nun espazo destacado do centro.

Outros artigos

Noia legaliza o seu Punto Limpo

O Concello de Noia vén de culminar o proceso de legalización do Punto Limpo municipal, poñendo fin a unha situación administrativa que segundo lembrou o Goberno local, “víase arrastrando desde hai anos”. A legalización constitúe “un paso importante para mellorar a...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

En 1969 Laurence J. Peter formuló el principio que lleva su nombre según el cual, enuna estructura jerárquica, los empleados llegan al nivel de incompetencia cuando sonascendidos a puestos para los que ya no están capacitados. El pedagogo canadienseformuló su teoría...

“Os dereitos de todos”. Luís Celeiro

“Os dereitos de todos”. Luís Celeiro

Ela e o seu marido fóronse vivir a Ceuta hai uns cantos anos, recen casados e sen fillos. Nun daquelescuarteis estivera destinado Marcial, como soldado forzoso e antimilitarista confeso. Ao volver da“mili”, e despois de tempadas longas traballando no mar ou na...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.