Marisa Irimia achéganos aos contos protagonizados por rapazas no Pazo de Martelo (Biblioteca de Rianxo) este sábado 8M

06 Marzo 2025

Este sábado 8 de marzo, no marco das celebracións rianxeiras do Día Internacional da Muller (8M) o Pazo de Martelo, histórica sede remodelada da Biblioteca Municipal, acollerá o contacontos Rapazas de conto, da man de Marisa Irimia, actriz, ilustradora e contadora galega.

Rapazas de conto é un espectáculo de narración oral para nenas/os. O obxectivo prioritario é fomentar valores igualitarios e non discriminatorios por razón de sexo/xénero a través de contos e historias onde as rapazas desenvolven un papel activo, como base para un aprendizaxe do respecto e a Igualdade, potenciando a análise crítica dos modelos de masculinidade e feminidade existentes e favorecendo a busca de novos referentes.

Outros artigos

O filme documental 360 curvas proxéctase este domingo en Boiro

O Ciclo de Cine Mestre Mateo, impulsado nos concellos pola Academia Galega do Audiovisual, volveu poñer o foco en Boiro para dar coñecer ao público a rica colleita cinematográfica galega deste último ano. Sen ir máis lonxe, este domingo 18 de outubro proxectarase no...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Juan Magán” – Xulio Xiz

“Juan Magán” – Xulio Xiz

Estes días, Merce e máis eu, mergullámonos cada día no multitudinario ambiente festeiro, disfrutamos coa venerable presencia de Celtas Cortos e ousamos asistir ao concerto de Juan Magán. Con relativo coñecemento do actual mundo musical, que navega de Camilo a India,...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.