O Museo de Pontevedra conmemora o 8M con dúas visitas guiadas centradas na represión feminina na Guerra Civil a través da mirada de Castelao

04 Marzo 2025

Con motivo da conmemoración do 8M, Día Internacional das Mulleres, a Deputación programa no Museo de Pontevedra dúas visitas guiadas a cargo de Helena Rodríguez Villar, investigadora e membro do Departamento de Educación do Museo de Pontevedra. As visitas serán o xoves 6 e o venres 7 de marzo ás 18:00 h con acceso libre e sen necesidade de inscrición previa.

Segundo a Depuación, os Álbums de guerra de Castelao son unha extraordinaria fonte de información sobre os terríbeis episodios acontecidos no noso territorio nos anos centrais da guerra civil española. Compóñense dun total de trinta e un debuxos, realizados e editados en Valencia e Nova York entre 1937 e 1938, protagonizados por mulleres, homes, nenas e nenos que sufriron nas súas propias carnes os abusos de poder, a política do medo e a violencia física e psicolóxica. A visita guiada centrarase naquelas imaxes protagonizadas por mulleres, co ánimo de levar a cabo unha aproximación a un tipo de represión moi específica, unha represión sexuada, dado que foi exercida exclusivamente sobre a muller co obxectivo de sinalar e castigar aquelas que se apartaron do canon feminino.

Helena Rodríguez Villar (Pontevedra, 1989) é licenciada en Historia pola Universidade de Santiago de Compostela (2007-2012) e conta cun máster en Servizos Culturais (2017-2018) e un doutoramento en Historia pola mesma universidade. O seu campo de investigación principal é o estudo dos comportamentos relixiosos na Época Moderna, concretamente de aqueles aspectos relacionados coa morte e co asociacionismo relixioso. Participou en diferentes encontros e seminarios nacionais e internacionais, coma o I Congreso Iberoamericano Cultura e Memoria: as Perspectivas da Morte (2018), no XI Congreso Virtual sobre Historia das Mulleres (2019), no VI Encontro Internacional de Xoves Investigadores en Historia Moderna: Mundo Hispánico: Cultura, Arte e Sociedade (2022), no XIV Congreso da Sociedade Española de Ciencias das Relixións (2023) ou no IV Seminario Internacional Desafíos da Historia na Universidade do Minho (2024). Desde 2016 forma parte do Departamento de Educación do Museo de Pontevedra e desde 2024 é profesora convidada no Programa Universitario de Maiores da Universidade de Vigo.

Outros artigos

O PSOE de Ribeira acusa ao Executivo local de “falta de propostas”

O PSOE de Ribeira tamén fixo balance do ano de Goberno do PP e PBBI logo da moción de censura consumada en outubro do ano pasado. No seu balance afirmou que a alcaldesa, coincidindo co primeiro aniversario da moción de censura, "segue sen ofrecer solucións á fronte da...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

Vaya por delante que la huelga es una conquista consagrada que tienen los trabajadorespara reivindicar y defender sus derechos. De hecho, en lo que llevamos de democraciatodas las huelgas generales se convocaron por razones laborales contra las políticas delGobierno...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.