A Deputación conmemora o 8M poñendo o foco nos retos e resistencias das mulleres migrantes

01 Marzo 2025

A Deputación da Coruña conmemora neste 2025 o 8M, Día da Muller, desenvolvendo unha xornada sobre os Retos e Resistencias das Mulleres Migrantes  que será o 7 de marzo no Circo de Artesáns (rúa Santo Andrés 36) de 9.15 a 14.00h. O obxectivo desta xornada é “reivindicar as múltiples barreiras que enfrontan no seu proceso de integración social, laboral e cultural e no exercicio pleno dos seus dereitos”. Para participar é preciso inscribirse no formulario habilitado ou escaneando o QR do cartaz..

“As mulleres migrantes atravesan múltiples discriminacións non só polo feito de ser mulleres, senón tamén por ser migrantes. Súmanse dous factores que reforzan unha brecha que aínda hoxe continúa a ser infranqueable” sinalou a deputada de igualdade, Soledad Agra. “A precariedade laboral, as dificultades para acceder a unha vivenda digna e a tripla discriminación por xénero, orixe e situación administrativa irregular agravan a súa situación de vulnerabilidade, sendo vítimas de discriminación transversal, que combina factores de xénero, orixe e situación socioeconómica”, engadiu.

O obxectivo da área de igualdade neste 8M é promover un espazo de reflexión e diálogo sobre as experiencias, desafíos e estratexias de resistencia das mulleres migrantes na sociedade actual. Un punto de encontro para activistas, expertas, representantes da comunidade migrante e público en xeral para compartir testemuños e propostas sobre as políticas e prácticas necesarias para garantir a súa inclusión e benestar.

Yarama Africa, entidade sen ánimo de lucro que deseña e desenvolve proxectos sociais e culturais cun importante transfundo social sobre feminismo, antirracismo e compromiso social é a facilitadora deste encontro, que finalizará co monólogo antiracista e afrofeminista de Asaari Bibang.

Toda a información do encontro Retos e resistencias das mulleres migrantes.

Outros artigos

O PSOE de Ribeira acusa ao Executivo local de “falta de propostas”

O PSOE de Ribeira tamén fixo balance do ano de Goberno do PP e PBBI logo da moción de censura consumada en outubro do ano pasado. No seu balance afirmou que a alcaldesa, coincidindo co primeiro aniversario da moción de censura, "segue sen ofrecer solucións á fronte da...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

Vaya por delante que la huelga es una conquista consagrada que tienen los trabajadorespara reivindicar y defender sus derechos. De hecho, en lo que llevamos de democraciatodas las huelgas generales se convocaron por razones laborales contra las políticas delGobierno...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.