O Concello de Ribeira planta máis árbores en espazos públicos

27 Febreiro 2025

O Concello de Ribeira segue avanzando no seu compromiso de “ampliar as zonas verdes e aumentar o número de árbores que hai no municipio”, seguindo a súa estratexia por lograr unha cidade máis sostíbel e con meirande calidade de vida para os seus cidadáns. A brigada de Xardíns estivo esta semana realizando novas plantacións de árbores en diversas zonas do municipio, co obxectivo de mellorar os espazos públicos. Esta iniciativa busca reverdecer o espazo urbano dando unha maior presenza de verde ás rúas, prazas e parques, “contribuíndo así a combater o cambio climático e a crear un entorno máis agradábel para a veciñanza”, informou o Concello.

Neste sentido, trala tala efectuada a carón do Campo da Tasca de Aguiño, plantáronse novas árbores. Neste espazo houbo que reforestar porque no seu día o proceso de transplantado de exemplares, como parte das obras de renovación da rúa Castelao, “non foi o axeitado ao cortarlle as raíces provocando a súa morte”, lembrou o Concello, que se lamentou de que esta situación “supuxera un impacto ambiental e paisaxístico, pero tamén a obriga a destinar recursos públicos para resolver un problema que se podería ter evitado cunha mellor planificación e execución das obras”.

Por outra banda, tamén foron plantadas novas árbores na explanada do porto, en substitución das palmeiras mortas así como na praza que hai diante do León de Padín. Ao longo das próximas semanas, están previstas novas plantacións de distintas especies, adaptadas ao clima da zona, que “axudarán a conservar a biodiversidade local”. Ademais de “embelecer o municipio, estas árbores desempeñarán un papel crucial na mellora da calidade do aire e a redución da temperatura urbana”, engadiron dende o Consistorio.

Hortos nos colexios

Ademais, a concelleira de Servizos Municipais, Tana Redondo, informou de que se pretende aumentar a presenza de espazos verdes nas escolas por “seren espazos onde as nenas e nenos pasan unha gran parte do seu tempo”, e “é fundamental que estes espazos fomenten non só a aprendizaxe académica, senón tamén a conexión coa natureza”. Neste sentido sinalou que estanse a crear hortos nos colexios de Artes e Palmeira como unha iniciativa educativa onde a rapazada aprende sobre a importancia da sustentabilidade, o ciclo de vida das plantas e o impacto positivo que teñen no medio ambiente. Desde o Goberno municipal destacan “a importancia de apostar por políticas verdes que non só favorezan o medio ambiente, senón que tamén reforcen o benestar da veciñanza”. Por este motivo, fan un chamamento á colaboración cidadá para coidar as novas plantacións e garantir o seu crecemento adecuado.

Outros artigos

Medio Rural dá por extinguido o incendio de Ribasieira

A Consellería do Medio Rural informou de que o incendio forestal rexistrado no concello do Porto do Son, parroquia de Ribasieira, quedou extinguido ás 19,11 horas de hoxe, xoves 24 de setembro. Como lembraremos, o lume iniciouse ás 14,42 horas do pasado luns e...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.