Porto do Son conmemora o 8M cunha axenda centrada na igualdade e o autocoidado

27 Febreiro 2025


O Concello de Porto do Son conmemorará este 8M, Día Internacional da Muller, a través dunha programación centrada en diversas iniciativas en prol da igualdade e do benestar psicolóxico durante as vindeiras semanas.

O punto de partida será o 7 de marzo cando terán lugar as xornadas gratuítas de ioga na Piscina Municipal de Porto do Son. Esta actividade levarase a cabo en horario de 10:30 a 11:30 h e de 11:30 a 12:30 h. O Concello informou de que “no caso de que as condicións meteorolóxicas non sexan as adecuadas realizarase na Casa da Cultura de Portosín”. As inscricións están abertas para toda a veciñanza e poderán facerse na recepción da piscina ou chamando ao 604 051 189.

O domingo, 9 de marzo, está prevista a realización da Andaina pola Igualdade, con saída desde o Monte Enxa ata Portosín, cun percorrido de 14 km e de dificultade baixa. Tamén haberá dispoñíbel unha saída ás 9:30 h desde Portosín con subida en bus ata Enxa. As inscricións están abertas a toda a veciñanza e deberán realizarse na oficina de deportes ou no 981 767 589.

Para o luns, 17 de marzo, o Viveiro de Empresas acollerá, en horario de 16:00 a 20:00 h, un curso de estilos de vida saudábeis e mindfulness. Esta actividade está financiada polo SERGAS a través da Escola Galega de Saúde para Cidadáns. As inscricións están abertas para toda a veciñanza e realizaranse enviando unha solicitude ao enderezo electrónico maria.santos.lemina@portodoson.gal

O venres desa mesma semana, 21 de marzo, o Viveiro de Empresas volverá a acoller outro curso, este destinado ao autocoidado emocional das mulleres. Esta formación realizarase en horario de 16:00 a 20:00 h e conta co financiamento do SERGAS a través da Escola Galega de Saúde para Cidadáns. As inscricións están abertas para toda a veciñanza e realizaranse enviando unha solicitude ao enderezo electrónico maria.santos.lemina@portodoson.gal.

Ademais, desde o mes de marzo e ata xuño están programados diversos obradoiros de benestar psicolóxico no viveiro de empresas. Esta actividade, financiada a través do Pacto de Estado, está aberta a toda a veciñanza e poderán inscribirse na área de Benestar Social ou a través do enderezo electrónico maria.santos.lemina@portodoson.gal.

Tras a presentación do programa, o alcalde Luis Oujo destacou que “estamos moi orgullosos deste compendio de actividades, que son unha aposta en firme deste equipo de goberno pola igualdade e polo estilo de vida saudábel, sen deixar atrás a ninguén e afondando no diálogo e no autocoidado como eixes da igualdade e da visibilidade”, engadiu.

Desde o Goberno animan a toda a veciñanza a participar neste completo programa do 8M, co obxectivo de expoñer as reivindicacións en materia de igualdade que teñen lugar polo Día Internacional da Muller.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

Dicir "os españois primeiro" é o equivalente a poñer en determinadas bocas citas indebidas e nas mans desas persoas a chave que só abre portas a moi concretos españois que, dende as opcións de VOX e outros partidos das súas  características, constatan que se...

“Leire”. Xulio Xiz

“Leire”. Xulio Xiz

Hai tempo que quería escribirlle a Leire, e funo deixando pero de hoxe non pasa. Pode parecer que lle escribo á Leire Díez que anda na boca de todos, pero prefiro outra ben mais inocente.Certo que hai tempo busquei no organigrama de Correos quen tiña autoridade no...