O Entroido rianxeiro comeza este venres co Festival Rock In Rian e o IV Concurso de Bandas Emerxentes

27 Febreiro 2025

Este venres 28 de febreiro bota a andar o Entroido rianxeiro da man do Festival Rock in Rian. Haberá música e troula entroideira a partir das 20.00 horas. A cita inclúe a celebración da cuarta convocatoria do Concurso de Bandas Emerxentes (primeira eliminatoria). Actuarán Filloas, El Punto 159, The Twinpims e Churelos de Arousa. A partir das 23.30 horas será a quenda do bingo musical e ás 0.00 está programado o acto final do certame coa actuación de La Vava DJ e Curi. O Festival Rock in Rian do Entroido celebrarase na carpa habilitada na praza de Castelao.

O sábado 1 as actividades desenvolveranse ao longo de toda a xornada, en parte na carpa do Entroido da praza de Castelao. Ás 13.30 horas haberá na carpa unha sesión vermú con The Cuncas e ás 18.00 volverá a Festa do Entroido con xogos infantís e pola noite música a cargo de Tania Veiras e DJs. Organiza a Asociación Sociocultural A Moreniña.

As actividades do sábado tamén terán lugar no Centro Cultural A Capela do Araño, a partir das 17.00 horas, onde haberá concursos, música e filloas. Tamén se celebrará o Entroido no Centro Cultural Vicente Vidal de Leiro, con degustación de grelos e filloas, concursos de disfraces e música.

O domingo 2 de marzo o Entroido focalizarase na carpa da praza de Castelao, a partir das 16.30 horas. Haberá obradoiros e xogos diversos, desfiles e representacións das carrozas e grupos participantes no Certame de Disfraces, sorteos de agasallos entre as persoas disfrazadas e, para rematar, un espectáculo de rúa (Psychodelia) a cargo de Troula Animacion.

O luns 3 haberá inchábeis e xogos diversos na carpa da praza de Castelao, a partir das 16.30 horas.

O martes 4 a carpa dará acollida (a partir das 16.30h) a obradoiros entroideiros, animación, xogos, postos de degustación e un concerto a cargo de The Music Patrol, con posterior sesión de DJ.

O sábado 8 a actividade trasladarase ao Campo de Pasos, en Taragoña, a partir das 16.30 horas. A axenda inclúe inchábeis, obradoiros, xogos, desfiles, concurso de carrozas (premios aos tres mellores), unha gran verbena do Entroido, concursos, actuacións musicais e sesións DJ. Organiza a Asociación Cultural Campo Maneiro – Comisión de Festas de Taragoña.

Outros artigos

Mar remata as obras de construción do peirao interior de Muros

A Consellería do Mar, a través de Portos de Galicia, investiu 460.000 euros na reconstrución dun tramo do peirao interior da dársena de Muros (A Coruña). A titular do departamento autonómico, Marta Villaverde, visitou na mañá deste mércores 10 de xuño as obras que se...

+

ADEGA di que maquinaria pesada arrasou unha zona dunar de Aguiño

ADEGA vén de emitir un comunicado no que a asociación ecoloxista galega pon o foco nunha praia de Aguiño onde, segundo din, vénse de arrasar un hábitat de gran relevancia para cría da píllara das dunas. Sinalan que dende o pasado sábado, 6 de xuño, nas vésperas do...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...