A función “As Desterradas” dirixida por Quico Cadaval chega a Rianxo o 8 de marzo

27 Febreiro 2025

O 8 de marzo chega a Rianxo As Desterradas da Compañía Excéntricas. Trátase dunha obra dirixida polo ribeirán Quico Cadaval e escrita por Carmen Varela, cun elenco de luxo con Belén Constenla, Melania Cruz e Rocío González. As entradas están á venda na plataforma Woutick.

Sinopse

No século XVI, unha pequena comunidade de monxas á beira do Miño vese ameazada pola cobiza da xerarquía eclesiástica. Os señores da Igrexa, para rematar coa resistencia das freiras non dubidan en difamalas e ameazadas por todos os medios, dende o tribunal da Inquisición á violencia das mesnadas señoriais. Carme Varela reconstrúe nun thriller conventual aqueles tempos de resistencia das comunidades de mulleres autosuficientes e poderosas. A vida parece continuar coas súas rutinas de rezos, bordados e melindres, mais a negra sombra da ameaza exterior abátese sobre o convento de Albeos.

A heroica resistencia daquelas freiras chega agora encarnada nun elenco que conforman Melania Cruz, Patricia Vázquez, Rebeca Montero, Rocío González, María Costas e Víctor Mosqueira, iluminadas por Laura Iturralde e dirixidas por Quico Cadaval.

Autoría: Carme Varela
Dirección: Quico Cadaval
Elenco: María Costas, Melania Cruz, Rocío González, Rebeca Montero, Patricia Vázquez e Víctor Mosqueira.
Espazo escénico: Laura Iturralde e Quico Cadaval
Espazo lumínico: Laura Iturralde
Deseño de vestiario: Celia Sineiro
Espazo sonoro: Piti Sanz
Vídeo: Sonia García
Axudante de dirección: Mon Serodio
Deseño gráfico: Javier de la Rosa
Fotografía: Sabela Eiriz
Xefe de produción: Rubén G. Pedrero

Outros artigos

O PSOE de Ribeira acusa ao Executivo local de “falta de propostas”

O PSOE de Ribeira tamén fixo balance do ano de Goberno do PP e PBBI logo da moción de censura consumada en outubro do ano pasado. No seu balance afirmou que a alcaldesa, coincidindo co primeiro aniversario da moción de censura, "segue sen ofrecer solucións á fronte da...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

Vaya por delante que la huelga es una conquista consagrada que tienen los trabajadorespara reivindicar y defender sus derechos. De hecho, en lo que llevamos de democraciatodas las huelgas generales se convocaron por razones laborales contra las políticas delGobierno...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.