Simpatizantes e militantes socialistas de Outes rexeitan a moción de censura impulsada polo concelleiro tránsfuga do PSOE e o PP

24 Febreiro 2025

Diversos e diversas simpatizantes, membros das candidaturas e militantes socialistas de Outes reuníronse este 24 de febreiro ás 19:00 para realizar un posicionamento conxunto en contra da moción de censura no municipio. Lembraron que esta moción foi asinada contra o Goberno de esquerdas local polo Partido Popular e máis por Antonio Caamaño, ao que cualificaron de “concelleiro tránsfuga elixido baixo as siglas do PSOE pero xa expulsado da formación”. 

Fronte ás afirmacións de Caamaño, que asegurou “ter o apoio da organización nas súas accións”, os e as socialistas negan rotundamente que tivese habido ningún tipo de consulta sobre esta cuestión. 

Simpatizantes, militantes, candidatos e candidatas afirman “rexeitar absolutamente este pacto entre o PP e o edil tránsfuga, que en ningún caso foi consensuada cos demais e que é un fraude aos principios socialistas”, sinalaron no comunicado, insistindo en pedir explicacións ao edil tránsfuga “sobre as súas declaracións”. Amais, prepararán un manifesto para rexeitar publicamente esta moción de censura contra o goberno de esquerdas na localidade. 

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

Cando a secretaria da Academia Sueca a chamou para comunicarlle a concesión do Nobel de Literatura, Anne Carson estaba en Islandia, segundo dixo, escoitando o vento. Aos setenta e seis anos, unha muller que viviu de ensinar grego antigo, traduciu a Safo e deulle nova...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.