
O Concello de Rianxo, a través da Concellería de Política Social, impulsa unha nova edición do programa Rianxo Termal, que ten o obxectivo de mellorar as opcións de lecer saudábel da cidadanía con visitas a establecementos do sector termal, balnearios e demais. A segunda tenente de alcalde e responsábel da área, Ana Vidal, valorou positivamente o desenvolvemento da edición anterior e sinalou que “foron as propias persoas participantes as que nos empuxaron a organizar unha nova xeira de saídas”. As inscricións para esta nova edición abríronse o pasado 21 de febreiro e ofertaranse varias modalidades de matrícula. Toda a información irémola tendo dispoñíbel na web do Concello de Rianxo. A axenda inclúe un ciclo de saídas ás Termas de Cuntis, nos meses de marzo, abril, maio e xuño. O programa está destinado a persoas maiores de 50 anos empadroadas no Concello de Rianxo.
Datas
As saídas, que se efectuarán en horario de tarde, serán nas seguintes datas:
-Opción 1: 13 de marzo, 10 de abril, 8 de maio e 12 de xuño.
-Opción 2: 13 de marzo e 8 de maio.
-Opción 3: 10 de abril e 12 de xuño
O custo do programa, que inclúe a entrada ás termas e o desprazamento en autobús dende Rianxo, ten un custe de 80 euros por persoa para a opción 1 e de 40 euros para as opcións 2 e 3.
O programa conta cun máximo de 55 prazas.
Inscricións:
Mediante WhatsApp ao 664.185.489
Liceo Marítimo de Rianxo, de luns a venres (de 10:00 a 13:00 horas)
A través dos seguintes teléfonos 881.862.225 / 881.987.471



