“O Día de Rosalía, 188 anos despois do nacemento da poeta galega” – Antón Luaces

24 Febreiro 2025

Este domingo, o que deberÍa ser de gran celebración do 188 aniversario do nacemento de Rosalía de Castro transformouse, un ano máis, en xornada de esixencia xustificada para uns, e día nacional da autodesculpa para algunhas outras persoas; nada novo nesta terra que prepara cacholas, lacóns, costela, chourizos e outros derivados do porco que potencian o sabor agre dos grelos fronte ao sempre grato das filloas, orellas e outras regalías da sempre boa mesa galega.

Varios milleiros de galegos de nacemento ou convencemento amosaron o seu apoio ao idioma galego coma “lingua vital” e  a prol de superar a denominada “emerxencia lingüística” que nos afecta. Un “Día de Rosalía” que moitos vindicaron e moitos máis mantiveron no buque do silencio malia seren sabedores da constante emerxencia na que, como galegos, vivimos en materia lingüística e outros aspectos socioculturais.

Queremos convencernos do valor da lingua propia, de termos un medio de expresión feito no día a día co paso dos séculos e a incomprensión de moitos, e agora non somos quen de recoñecer a infrautilización dun idioma que tanto nos custou e aínda custa por mor da “emerxencia” imparable desa subsistencia á que se ve sometida desde vai cinco séculos, con outros sete de normalidade a partir da súa separación do latín e ata a introdución do castelán no século XVI. 

Da vida de seu que tivo a nosa lingua é testemuña o documento escrito no ano 1228, considerado como o máis antigo redactado en galego.

O Estatuto de Autonomía de Galicia, aprobado vai 48 anos, recoñece ao galego coma lingua propia de Galicia e cooficial da comunidade na que todos temos o dereito de coñecela e usala. Un Estatuto que responsabiliza aos poderes públicos da normalización da lingua galega en todos os ámbitos.

O 15 de xuño de 1983 o Parlamento galego aprobou por unanimidade a Lei de Normalización Lingüística, que garante e regula os dereitos lingüísticos dos cidadáns.

“Cantares Galegos” foi a primeira obra escrita integramente en galego, publicada en 1863 por Rosalía de Castro. A consolidación do galego produciuse no século XX, ao ser declarada lingua oficial xunto ao castelán en Galicia. Malia todo, o seu uso decae especialmente no ámbito empresarial e mesmo no contexto das principais urbes  galegas nas que aumenta a presencia do castelán como lingua principal nos fogares. Un feito ao que as autoridades non dan posto couto.

Oxalá sexa 2030 o ano no que o Día de Rosalía non precise de manifestacións que reivindiquen o uso do galego en Galicia.

Outros artigos

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

+

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La cantina móvil de Cruz Roja”. José Castro López

“La cantina móvil de Cruz Roja”. José Castro López

Las mejores iniciativas sociales suelen ser también las más sencillas, no necesitangrandes edificios ni presupuestos millonarios, basta una buena idea y la voluntad deponer a las personas en el centro. Ocurre con muchas propuestas, tanto de iniciativaprivada como de...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.