Aqueles que viviron noutros tempos, cando era difícil ter comida, alimentos saudables para
toda a familia, non son quen de entender que haxa enfermidades que matan por non querer
comer. Na segunda metade do século XIX, William Withey Gull a este non querer ou non
poder comer chamoulle anorexia nerviosa e agora, na época de fartura, moita rapazada e
tamén persoas adultas sófrena como un mal, mal en toda regra.
Aínda que hai poucos datos sobre esta doenza, este trastorno da conducta alimentaria
afecta a moitas persoas, moitas delas -ao parecer- sen diagnosticar e outras sen recoñecer a
súa enfermidade, logo sen tratamento e coas portas fechadas á curación. Cando se lle deu
nome, afectaba principalmente ás mulleres mozas e agora tamén. Son elas as que presentan
unha maior aversión, case irracional, á comida.
Os expertos, científicos e sanitarios láianse pola falta de datos. Hai tan poucos que non se
pode estimar con claridade cal é o alcance da doenza. Pero todo parece indicar que son
milleiros de persoas as que levan cravada no cerebro a imaxe equivocada do seu corpo
mancado.
Segundo datos aportados pola Sociedade Española de Médicos de Familia, o 70% dos
adolescentes non se atopan a gusto co seu corpo e seis de cada dez mozas din que serían
máis felices se estiveran máis delgadas. As súas nais, pola contra, venas delgadas dabondo.
As nais queren que coman para agrandar a súa beleza saudable. Para non correr riscos de
enfermidade, para non caer na trapela que vai á fochanca escura.
Os Trastornos de Conducta Alimentaria están entre as enfermidades crónicas máis
frecuentes dos adolescentes. O seu tratamento, como di a Tía Manuela, debe estar
supervisado polos profesionais da medicina e amparado con receitas de amizade e cariño
dende o entorno familiar.
Informacións científicas sobre este tema conxelan o sangue dos lectores, ao saber que o
21% das mulleres e un 15% dos varóns universitarios están en risco de sufrir un trastorno
deste tipo. Aí está. Temos diante dos ollos un verdadeiro problema. E, quen o arranxará?
Ao falar de anorexia, sería ben facelo igualmente da bulimia e das súas consecuencias, da
gordura anormal ou obesidade, desas patoloxías que poñen o corpo na marxe da
normalidade, no punto de mira.
“Plan de Rescate da Sanidade Pública Galega”. Xosé Mª Dios Diz
“As listas de agarda constitúen unha das formas máis sofisticadas de crueldade. Son producto dun Sistema que intentaatender a todos con recursos cos que so se pode atender a algúns”. Juan José Millás: escritor. Valencia. 1946.Esta reflexión nos indica que os...



