O Concello de Muros organiza unha xornada para informar á veciñanza das axudas á rehabilitación de vivendas no centro histórico

20 Febreiro 2025

O Concello de Muros vai organizar para a semana unha xornada informativa destinada a mostrar todas as liñas de axudas á rehabilitación de vivendas no seu centro histórico. Será o próximo mércores 26 de febreiro, as 18.30 horas na antiga fábrica de Sel. A xornada coincide coa apertura, esta mesma semana, dunha nova convocatoria municipal de subvencións para a rehabilitación de edificios e vivendas no seu casco histórico, financiada con fondos Next Generation da Unión Europea.

As axudas son de ata 21.400 euros por vivenda, contía que nalgúns casos poderase incrementar ata un máximo de 1.000 euros por vivenda ou 12.000 euros por edificio obxecto de rehabilitación.

“Este programa de axudas forma parte das distintas medidas de apoio á vivenda e conservación do casco histórico que impulsamos desde o concello”, asegurou a alcaldesa de Muros, María Lago, que anunciou “outras iniciativas neste ámbito a curto e medio prazo”.

As actuacións obxecto de subvención nesta nova convocatoria son para a mellora ou rehabilitación de edificios e vivendas, “sempre que o proxecto inclúa unhas determinadas intervencións de mellora da eficiencia enerxética”.

As solicitudes poden presentarse no prazo de dous meses dende o día seguinte á publicación da convocatoria no BOP da Coruña (martes 18 de febreiro).

Outros artigos

Medio Rural dá por extinguido o incendio de Ribasieira

A Consellería do Medio Rural informou de que o incendio forestal rexistrado no concello do Porto do Son, parroquia de Ribasieira, quedou extinguido ás 19,11 horas de hoxe, xoves 24 de setembro. Como lembraremos, o lume iniciouse ás 14,42 horas do pasado luns e...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.