A Xunta celebra o Día de Rosalía de Castro cunha ampla programación de actividades

19 Febreiro 2025

A Xunta de Galicia celebrará o Día de Rosalía, que se conmemora o vindeiro 23 de febreiro, cun amplo abano de actividades que inclúen propostas nas bibliotecas públicas xestionadas polo Goberno galego e iniciativas en colaboración coa Fundación Rosalía de Castro. Así o anunciou hoxe o director xeral de Cultura, Anxo M. Lorenzo, nun acto que tivo lugar na Casa da autora, en Padrón, xunto co presidente da Fundación Rosalía de Castro, Anxo Angueira.

No acto, o representante da Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude, puxo en valor a importancia de homenaxear e lembrar “á nosa poeta máis universal que supón, ademais, un dos principais símbolos da nosa identidade”. Nesta liña, Anxo M. Lorenzo engadiu que a Galicia que hoxe coñecemos non sería posible sen o legado que nos deixou a autora de Cantares gallegos “polo que convido a toda a poboación a sumarse a esta data e gozar da herdanza dunha das principais embaixadoras da nosa cultura”.

Tal e como explicou, os actos que se impulsan en colaboración coa Fundación Rosalía de Castro incluirán, como cada ano, actos oficiais repartidos entre Santiago de Compostela e Padrón, lugares de nacemento e pasamento da homenaxeada, respectivamente. Deste xeito, a celebración comezará na capital galega ás 10,00 horas coa ofrenda floral na praza de Vigo, onde naceu a escritora.

A continuación, terá lugar o acto central do día, ás 11,00 horas, no Panteón das Galegas e Galegos Ilustres. Xa pola tarde, a Casa de Rosalía de Padrón acollerá a novena edición do Caldo de Gloria da man de Alberto Carou, chef do restaurante O Curral do Marqués. Paralelamente, tamén se degustará este prato noutros centros galegos do exterior, como os de Castellón, León e Pamplona.

A cantante Antía Muíño porá o broche final do día cunha actuación no auditorio da Casa-Museo ás 20,00 horas. Ademais, tamén se celebrará a tradicional Alborada de Rosalía coa Asociación de Gaiteiros e Gaiteiras Galegas.

Programación das bibliotecas

Pola súa banda, as bibliotecas da Xunta de Galicia conmemorarán durante todo este mes a Rosalía de Castro con propostas que inclúen desde contacontos, mostras bibliográficas, obradoiros ou actividades infantís. Así, en Santiago de Compostela, a Biblioteca de Galicia ofrecerá o 27 de febreiro, ás 19,30 horas, a xornada Conversa arredor de Rosalía e a natureza: das beiras do Sa á constelación do Serpentario con María López e María do Cebreiro, mentres que a Biblioteca Pública Ánxel Casal celebrará o sábado 22, ás 12,00 horas, o contacontos Rosalía Pequena. Ademais, ata finais de mes terá aberta a mostra bibliográfica infantil Sempre Rosalía e ofrecerá as actividades virtuais Timeline Rosalía de Castro e o Roteiro vitual de Rosalía en Compostela.

Na Coruña, a Biblioteca Pública Miguel González Garcés programará para os días 24 e 26, ás 10,00 horas, o obradoiro Ramas Literarias, mentres que ata o vindeiro 28 de febreiro terá aberta a mostra bibliográfica en homenaxe a autora, Parabéns Rosalía.

En Lugo, a Biblioteca Pública celebrará o día 21, ás 18,00 horas, para cativos de 4 a 12 anos, o contacontos de Charo Pita, Menú de contos. Mentres que, o vindeiro xoves 27, ás 20,00 horas, porán o toque musical o cuarteto vocal lucense Son de Corda co seu repertorio lusófono.

Na cidade de Ourense, a Biblioteca Nós ten previsto lembrar á poeta a través da mostra bibliográfica Rosalía en verso que recompila fragmentos dos seus textos en varios espazos do centro. Ademais, para o público infantil o martes 25, ás 18,00 horas, celebrarase o contacontos Airiños, aires… de Rosalía a cargo de Susana Villar.

Por outra banda, en Pontevedra, no espazo expositivo da Biblioteca Antonio Odriozola exporase ata o 1 de marzo a mostra Rosalía de Castro. A voz das letras galegas. Por último, en Vigo, a Biblioteca Juan Compañel encherá os seus espazos cos versos da autora ata finais de mes e mañá, a partir das 18,15 horas, contará con dúas sesións de narración oral con Raquel Galavis.

Outros artigos

Estabilizado o lume de Ribasieira (O Son)

A Consellería do Medio Rural informou de que o incendio forestal rexistrado no concello coruñés do Porto do Son, parroquia de Ribasieira, quedou estabilizado ás 18,15 horas de hoxe. O lume iniciouse ás 14,42 horas de onte e segundo as últimas estimacións provisionais...

+

Este mércores 23, comeza o outono logo dun verán de récord

Este verán foi o de maior número de días con temperatura máxima por riba dos 30 graos en Compostela, segundo datos do Observatorio Astronómico da USC Comeza o outono. Foto: Santi Alvite Ás 2:05 horas do mércores 23 dá comezo o outono no hemisferio boreal. Esa hora...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Caridade e solidariedade” – José Manuel Pena

“Caridade e solidariedade” – José Manuel Pena

“Axúdanlles moito máis aos estranxeiros que ás familias humildes da zona”. Observo como unha muller inmigrante, entregaba un cupón de alimentos, e saía do supermercado con dous carros repletos de comida, mentres que a unha veciña, sen apenas recursos, só lle dan unha...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.