O Concurso de Comparsas do Concello de Muros celebrarase o domingo 2 de marzo

18 Febreiro 2025

O Concurso de Comparsas do Concello de Muros celebrarase o domingo 2 de marzo con novidades e 3.525 euros en premios
–O prazo de inscrición comeza este 19 de febreiro

O Concello de Muros organiza un ano máis o Concurso de Comparsas do Entroido, que terá lugar o domingo 2 de marzo.
Nesta edición, repartiranse 3.525 euros en premios entre as diferentes categorías establecidas, destacando dúas novas modalidades que se incorporan este ano:
carrozas e murgas.
A saída do desfile realizarase dende A Virxe do Camiño e percorrerá as rúas de Muros ata chegar ao Curro da Praza, onde terán lugar as actuacións, a valoración do xurado e a entrega de premios.
Categorías do concurso:

  • Individual
  • Grupos
  • Comparsas
  • Carrozas (novidade 2025)
  • Murgas (novidade 2025)
    Prazo de inscrición e a consulta das bases de participación:
    As persoas, entidades e grupos interesados en participar poden inscribirse dende mañá, 19 de febreiro, ata as 14:00 h do 26 de febreiro.
    Toda a información e os formularios de inscrición están dispoñibles na páxina web do Concello (www.muros.gal) e na sede electrónica (sede.muros.gal).
    As bases reguladoras do concurso foron publicadas no Boletín Oficial da Provincia (BOP) de hoxe, 18 de febreiro, e poden consultarse no seguinte enlace:
    https://bop.dacoruna.gal/bopportal/
    Unha chamada á participación
    A concelleira de Cultura, Caridad González, anima a toda a veciñanza a participar nesta cita imprescindible do Entroido muradán: “O Concurso de Comparsas é unha das festividades populares máis relevantes da comarca. Queremos que as rúas de Muros volvan encherse de música e alegría, e por iso convidamos a toda aveciñanza a sumarse a esta celebración, xa sexa desfilando ou gozando do espectáculo como público”.

Outros artigos

O PSOE de Ribeira acusa ao Executivo local de “falta de propostas”

O PSOE de Ribeira tamén fixo balance do ano de Goberno do PP e PBBI logo da moción de censura consumada en outubro do ano pasado. No seu balance afirmou que a alcaldesa, coincidindo co primeiro aniversario da moción de censura, "segue sen ofrecer solucións á fronte da...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

Vaya por delante que la huelga es una conquista consagrada que tienen los trabajadorespara reivindicar y defender sus derechos. De hecho, en lo que llevamos de democraciatodas las huelgas generales se convocaron por razones laborales contra las políticas delGobierno...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.