Dúas persoas feridas nun accidente de tráfico no Concello de Serra de Outes

18 Febreiro 2025

O parque provincial de Boiro recibiu aviso dun accidente no concello de Serra de Outes con dous vehículos implicados. Ao chegar ao lugar, os bombeiros do parque de Boiro comprobaron que unha das persoas condutoras atopábase fóra do vehículo, mentres que a outra permanecía atrapada. Procederon á excarceración da persoa ferida, que foi inmobilizada cun colariño (collarín), recibindo atención do persoal do 061. Para finalizar a intervención, limparon a estrada e esperaron a que as grúas retiraran os vehículos. Completou o servizo o persoal de mantemento de estrada.

Bombeiros Boiro

Ocorreu minutos despois das 21:30 horas do luns, e unha condutora precisou ser excarcerada.

O aviso chegou ao 112 Galicia a través do sistema de alerta en caso de accidente do teléfono dun dos implicados, quen explicou que dous coches acababan de colidir no quilómetro 64 da AC-550, en Outes. A condutora dun dos vehículos permanecía ferida no seu interior, incapaz de saír polos seus propios medios.

De inmediato, os xestores do Centro Integrado de Atención ás Emerxencias activaron un operativo para o que solicitaron a acción de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, dos Bombeiros de Boiro e de Ribeira, do GES de Noia, da Garda Civil de Tráfico, dos voluntarios de Protección Civil de Outes e dos servizos de mantemento da estrada.

Cando chegaron ao lugar, os efectivos do GES excarceraron unha condutora ferida, que sufriu un forte golpe na cabeza. No outro vehículo, o condutor tamén tivo que ser atendido polos servizos sanitarios.

Finalmente, os equipos de emerxencias procederon coas tarefas de limpeza da vía, que quedou despexada pasada a medianoite.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Caridade e solidariedade” – José Manuel Pena

“Caridade e solidariedade” – José Manuel Pena

“Axúdanlles moito máis aos estranxeiros que ás familias humildes da zona”. Observo como unha muller inmigrante, entregaba un cupón de alimentos, e saía do supermercado con dous carros repletos de comida, mentres que a unha veciña, sen apenas recursos, só lle dan unha...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.