O Concello de Ribeira acondiciona a contorna do Centro Social de Carreira para garantir a súa accesibilidade

12 Febreiro 2025

O pasado domingo 26 de xaneiro o Concello de Ribeira inaugurou o Centro Social de Carreira, novas e modernas instalacións deseñadas para satisfacer unha demanda das e dos residentes que vén moi de atrás e para atender tamén as necesidades sociais e culturais da veciñanza desta parroquia. Este 11 de febreiro o Concello confirmou que a brigada municipal de obras vén de rematar os traballos da parte exterior do inmóbel acabado de inaugurar para “cumprir coas normas de accesibilidade universal”. Traballouse nunha rampla de acceso, na renovación da contorna e na instalación de bancos reciclados máis xardinería. Dende o Concello felicitaron á brigada de obras polo traballo despregado.

Outros artigos

Mar remata as obras de construción do peirao interior de Muros

A Consellería do Mar, a través de Portos de Galicia, investiu 460.000 euros na reconstrución dun tramo do peirao interior da dársena de Muros (A Coruña). A titular do departamento autonómico, Marta Villaverde, visitou na mañá deste mércores 10 de xuño as obras que se...

+

ADEGA di que maquinaria pesada arrasou unha zona dunar de Aguiño

ADEGA vén de emitir un comunicado no que a asociación ecoloxista galega pon o foco nunha praia de Aguiño onde, segundo din, vénse de arrasar un hábitat de gran relevancia para cría da píllara das dunas. Sinalan que dende o pasado sábado, 6 de xuño, nas vésperas do...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...