O Concello de Boiro vai render unha nova homenaxe á nosa poeta inmortal de Padrón cunha Viaxe Cultural ás Terras de Rosalía, prevista para este 15 de febreiro e aberta a toda a cidadanía que queira participar nun periplo literario polos lugares que foron relevantes para a obra da escritora, unha experiencia que será conducida pola compañía Os Quinquilláns, que contan cunha ampla bagaxe en materia de teatralización rosaliana.
A saída da excursión está prevista para as 9.30 horas do sábado 15, dende A Cachada (diante da Casa da Cultura), con regreso a Boiro programado para as 18.00 horas.
Para participar é necesario inscrición previa, que se pode formalizar na Casa da Cultura.
A actividade consistirá nun roteiro teatral por Compostela realizado por Os Quinquilláns; ao Panteón dos Galegos Ilustres; unha visita guiada ao Museo do Pobo Galego e Bastavales pola mañá; o xantar será no restaurante Escala (opcional) e pola tarde terá lugar o roteiro teatral por Padrón.
Para participar é necesario inscribirse previamente na Casa da Cultura de Boiro, no teléfono 981 84 84 25 ou no enderezo electrónico educacion@boiro.gal.




