Xarope Tulú e Xiana Arias levan a Abanqueiro (este venres) o conto de arrolos “Meco e Sono”

10 Febreiro 2025

A compañía Xarope Tulú vai estar en Boiro esta semana para representar a función infantil e familiar Meco e Sono. Será este venres 14 de febreiro ás 17.00 horas no Centro Social de Abanqueiro. Meco e sono é un conto de arrolos de Xarope Tulú e Xiana Arias para público infantil de 3 a 6 anos.

Venda de entradas na billeteira dende unha hora antes da función.

A través desta función, as familias con nenas e nenos de 0 a 3 anos poderán introducirse nas técnicas e arrolos para aprender a aloumiñar as crianzas grazas á historia de Fedello, un bebé que non dorme pola noite e que grazas á axuda de Meco e Sono consegue acougar e descansar profundamente.

Outros artigos

O filme documental 360 curvas proxéctase este domingo en Boiro

O Ciclo de Cine Mestre Mateo, impulsado nos concellos pola Academia Galega do Audiovisual, volveu poñer o foco en Boiro para dar coñecer ao público a rica colleita cinematográfica galega deste último ano. Sen ir máis lonxe, este domingo 18 de outubro proxectarase no...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Juan Magán” – Xulio Xiz

“Juan Magán” – Xulio Xiz

Estes días, Merce e máis eu, mergullámonos cada día no multitudinario ambiente festeiro, disfrutamos coa venerable presencia de Celtas Cortos e ousamos asistir ao concerto de Juan Magán. Con relativo coñecemento do actual mundo musical, que navega de Camilo a India,...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.