O Concello de Boiro celebra o 7 de marzo o Xantar de Confraternidade das Persoas Maiores

07 Febreiro 2025

O Concello de Boiro celebra o vindeiro venres 7 de marzo o Xantar de Confraternidade da Terceira Idade 2025, unha cita anual para as persoas maiores de 65 anos ou xubiladas e que este ano terá temática de entroido. As inscricións para asistir poderán facerse entre o 24 e o 28 de febreiro.

O Concello explicou que o cátering está previsto para 500 persoas e contará co música e baile. Engadiu que o prezo do xantar será de 25 euros e poderanse inscribir no mesmo prazo tanto as persoas empadroadas como non empadroadas que teñan máis de 65 anos ou que acrediten a condición de xubilación.

As inscricións poderanse facer no prazo indicado, en horario de 10.00 a 12.00 horas, no segundo andar da Casa Consistorial de Boiro, sempre previstos do DNI das persoas solicitantes e, ao igual que o pasado ano, poderase efectuar o pago con tarxeta no momento da inscrición e facer a reserva de mesa.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Juan Magán” – Xulio Xiz

“Juan Magán” – Xulio Xiz

Estes días, Merce e máis eu, mergullámonos cada día no multitudinario ambiente festeiro, disfrutamos coa venerable presencia de Celtas Cortos e ousamos asistir ao concerto de Juan Magán. Con relativo coñecemento do actual mundo musical, que navega de Camilo a India,...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.