A Pobra edita unha guía da natureza para contribuír á posta en valor da contorna

13 Marzo 2020

Co obxectivo de dar a coñecer os valores e patrimonio natural do municipio pobrense e, por extensión, da comarca do Barbanza, a Administración local vén de editar a Guía da natureza do Concello da Pobra do Caramiñal, en colaboración coa Deputación da Coruña. O contido da publicación foi desenvolvido polo biólogo pobrense Miguel A. Conde Teira; mentres que as ilustracións correron a cargo de Suso Cubeiro e Laura Blanco. Na guía, o autor intentou dar visibilidade ao singular e escaso, servindo de elemento identificador do concello e da bisbarra, sen esquecer que os sistemas naturais non funcionarían sen as especies comúns e abundantes. Preténdese así que o prontuario sexa unha ferramenta para que a veciñanza en xeral, e a poboación escolar en concreto, valore a contorna na que vive.

Neste senso, o Concello está facilitando exemplares para o alumnado en tódolos centros de ensino do termo municipal, contribuíndo así a que cheguen á maior cantidade posible de fogares. Tamén se repartiron nas bibliotecas públicas da Pobra do Caramiñal, Ribeira, Boiro e Rianxo. Así mesmo, toda aquela veciñanza interesada en dispoñer da guía pode solicitar un exemplar de balde.

Esta publicación encádrase nas actividades medioambientais que realiza ao longo de todo o ano o Concello, tales como as saídas de A Pobra Natural para coñecer a contorna no primeiro trimestre deste 2020 ou a semana do medio ambiente programada para xuño e as xornadas micolóxicas para novembro.

Outros artigos

O filme Salvaxe, Salvaxe proxéctase o 16 de outubro na Pobra

O vindeiro venres 16 de outubro, o Cine Elma da Poboa do Caramiñal acolle a proxección de Salvaxe, salvaxe, película incluída na programación contratada pola Deputación da Coruña dentro do seu compromiso co impulso da cultura e co acceso á actividade cultural nos...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

Vaya por delante que la huelga es una conquista consagrada que tienen los trabajadorespara reivindicar y defender sus derechos. De hecho, en lo que llevamos de democraciatodas las huelgas generales se convocaron por razones laborales contra las políticas delGobierno...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.