O filme “+ Cuñados”, do noiés Luís Avilés, nomeado a Mellor Longrametraxe nos Mestre Mateo

06 Febreiro 2025

Susana Sampedro, actriz de Ribeira, e o deseñador de son David Machado anunciaron este 6 de febreiro as candidaturas finalistas da vixésimo terceira edición dos Premios Mestre Mateo, nun acto celebrado no Pazo da Deputación de Pontevedra. Xunto ao anuncio de finalistas, a Academia Galega do Audiovisual desvelou que Teté Delgado será a encargada de presentar a gala que terá lugar o día 15 en Lalín e a coreógrafa Marta Alonso dirixirá o espectáculo baixo o lema de O audiovisual en movemento.

A serie Rapa producida por Portocabo é a produción máis votada polas académicas e académicos, con 18 candidaturas, empezando pola de Mellor Serie de TV, que comparte coas producións de Vaca, Clanes, e El circo de los muchachos e a producida por Undodez xunto a Televisión de Galicia, Bibopalula.

Rapa tamén coloca a sete dos seus intérpretes como finalistas nas categorías de interpretación: Mónica López, Javier Cámara e Darío Loureiro en papeis protagonistas e Sheyla Fariña, Adrián Ríos, Diego Anido e Miguel de Lira en reparto.

Pola súa banda, Honeymoon coloca a tres dos seus intérpretes nas categorías finalistas, Javier Gutiérrez como protagonista e Antonio Durán “Morris” e María Vázquez en reparto. Completan as categorías de interpretación protagonista Federico Pérez por + Cuñados, Carmen Machi por Tratamos demasiado bien a las mujeres, Andrea Varela por As Neves e Lucía Veiga por Na gloria, que tamén consegue ser finalista en reparto por As Neves. Conclúe a candidatura de reparto María Pujalte por Clanes.

As finalistas a Mellor Longametraxe son As Neves, + Cuñados, Honeymoon e Xustiza artificial. Tres delas aparecen tamén como finalistas a Mellor Dirección, Sonia Méndez por As Neves, Luis Avilés por + Cuñados e Enrique Otero por Honeymoon xunto con Jorge Coira e Javier Cámara por Rapa.

En Mellor Documental están Aurora, Filmei paxaros voando, Salvaxe, salvaxe e Prefiro condenarme, cuxo guión, de Margarita Ledo e Eva Veiga, tamén é finalista xunto cos traballos de Pepe Coira e Fran Araújo por Rapa, Roberto G. Méndez e Enrique Otero por Honeymoon e Sonia Méndez por As Neves.

Nas categorías técnicas están en Mellor Dirección de Produción Ana Míguez por Rapa, que repite xunto a Javi Lopa por + Cuñados, María Liaño por Clanes e Nati Juncal por Prefiro condenarme, que tamén repite xunto a Silvia Fuentes por As Neves.

En Mellor Dirección de Fotografía compiten Alberte Branco por Prefiro condenarme, Jaime Pérez por Rapa, Lucía C. Pan por As Neves e Sergio Franco por Honeymoon. E en Mellor Dirección de Arte, Andrea Pozo por + Cuñados, Curru Garabal por Tratamos demasiado bien a las mujeres, Elia Robles por As Neves e Inés Rodríguez por Rapa.

En Mellor Montaxe están Adrián Pino por Honeymoon, Gaspar Broullón, Lu Rodríguez e Jorge Coira por Rapa, Juliana Montañés por As Neves e repite Lu Rodríguez por + Cuñados.

Pleno feminino nas categorías de maquillaxe e peiteados, con Fanny Bello, que dobra por + Cuñados e Rapa xunto con Sonia García por As Neves e Susana Veira e Bea Antelo por Clanes e vestiario, con Alicia Dapena por Rapa, Maite Tailonte por Tratamos demasiado bien a las mujeres, María Fandiño por Honeymoon e María Porto por As Neves.

Ao contrario, pleno masculino na categoría de Mellor Son, con Carlos Mouriño por Clanes, que dobra xunto con Diego Staub e Pablo Rega por Honeymoon, David Machado, Javier Pato e Daniel Fernández por As Neves, Juan Gay e de novo Diego Staub por Rapa e na categoría de Mellor Realización, con Adolfo Fernández de Recollendo músicas, Jairo Iglesias de Nosoutras, Marcos Nine de Historias de aquí e Simone Saibene de Cinephilia. Simone repite tamén na categoría de Mellor Comunicador xunto con Estíbaliz Veiga, Juan Fuentes e Paco Lodeiro.

Oito curtametraxes compiten nas súas categorías, en imaxe real Nai, Platónico, plantónica, Pura e Véxote e en animación Avetimología. Eu vou conmigo, Noites de prata e Sinapse.

Completan as categorías dos XXIII Premios Mestre Mateo a de Mellor Serie Web, onde están A moza que abortou e o contou, Poscoito, Pringadas e Pulp Air.

En Mellor Videoclip compiten Alentejo de Baiuca, Hi, my love de Sabela, Marimondra de Mondra e Adela Otero e Quererse ben, tamén de Mondra. E a Mellor Programa están Cinephilia, Cos pés na terra, Nosoutras e Recollendo músicas.

Por último, os finalistas a Mellor anuncio publicitario son Arde LVCVS MMXIV; Cortello Club. Campaña contra a trata; Galicia sabe amar e Non pode ser máis de aquí.

As premiadas e premiados daranse a coñecer na gala de entrega de premios que se celebrará o sábado 15 de marzo no Lalín Arena.

Outros artigos

Falece un ciclista tras sufrir unha caída nunha pista forestal en Cee

A vítima formaba parte dun grupo de sete persoas que percorría en bicicleta o Camiño a Fisterra Un ciclista perdeu a vida esta tarde no concello coruñés de Cee tras precipitarse da súa bicicleta mentres realizaba o Camiño de Santiago en dirección a Fisterra xunto a un...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.