Galicia vivirá este 6 de febreiro Santa Dorotea, unha xornada de inestabilidade este xoves debido á presenza dun pequeno embolsamento de aire frío en altura. A situación deixará néboas a primeiras horas nas comarcas do interior, mentres que no resto do territorio os ceos estarán cubertos por nubosidade de tipo medio e alto.
Co avance do día, a comarca verá un aumento progresivo da nubosidade, dando lugar a chuvascos que se estenderán a toda Galicia cara á noite. As temperaturas mínimas rexistrarán un lixeiro ascenso (6 graos), mentres que as máximas experimentarán un descenso (15/16). Os ventos soprarán frouxos do sur en xeral, aínda que pola tarde gañarán intensidade no litoral, onde serán moderados.

O noso mar: Vento do sur á mañá, do sur á tarde e do oeste á noite, forza 1 a 2 á mañá e 3 a 4 á tarde e á noite. Mar rizado á mañá e marusía á tarde e á noite. Visibilidade boa á mañá e á tarde e regular á noite. Mar de fondo do noroeste, con ondas de 2 a 2.5 metros á mañá, 1.5 a 2.5 metros á tarde e 1 a 2 metros á noite.
Cámaras web da comarca (algunha pode nun funcionar puntualmente)
- Coroso directo _ Santa Uxía de Ribeira
- Praia de Balieiros directo- Corrubedo
- Praia da Ladeira directo- Corrubedo
- Praia das Furnas directo. Porto do Son
- Praia Aguieira directo.Porto do Son
- Portosín. Porto do Son
- Sálvora. Santa Uxía de Ribeira
- Pobra do Caramiñal directo. A Pobra
- Centro Náutico do Freixo
- Praia de Carnota
- Praia de Corón Vilanova de Arousa
- O Grove



