A ribeirense Sonia García elixida como ilustradora do cartel dos Premios de Teatro María Casares

05 Febreiro 2025

A XXIX edición dos Premios de Teatro María Casares está a prepararse para a súa gala de entrega que terá lugar o xoves 3 de abril no Teatro Rosalía Castro da Coruña e como todos os anos dende 2017 encárgase a ilustración dos carteis a diferentes artistas. Desta volta a elixida para levar a cabo este traballo foi a ilustradora ribeirense Sonia García, formada en Ilustración na Escola Pablo Picasso da Coruña e en fotografía na Escola Mestre Mateo de Santiago de Compostela. O mar á súa principal fonte de inspiración e a súa traxectoria profesional transita entre a fotografía, a ilustración e a videocreación. No eido editorial, é a autora do álbum de Sementes (Xerais, 2017) e asinou as ilustracións de álbums de diferentes autores e autoras tanto nesta editorial como para Galaxia. É o caso de títulos como A cidade do átomo, de Iria Misa (Xerais) ou Caderno de Cores, de Magín Blanco (Galaxia). O seu traballo pódese consultar na súa web Xouba Cromática.

A xeito de dato, sinalar que en convocatorias anteriores ilustraron o cartel dos galardóns: David Rubín, Xulia Vicente, Leo Sousa, Paula Mayor ou Aldara Prado.

Para o cartel dos Premios de Teatro María Casares, a autora sinala que apostou pola “simboloxía que encerran para o sector escénico as furgonetas”, símbolo da “itinerancia, das xiras, de espazo común e colaborativo e mesmo de fogar”. Para a autora, o cartel procura representar así a “unidade dos diferentes oficios teatrais” e como dentro dunha furgoneta se pode trasladar todo o mundo que atesoura unha obra de teatro. Sonia García, ademais, decidiu facer “unha homenaxe ao cartel do ano 2021, elaborado por Andrea López”, ao recuperar a máscara do teatro que se representara daquela e “tatuala” na propia furgoneta. García traballou con Manuel Silva, artista multidisciplinar e deseñador gráfico, na realización das adaptacións do cartel aos diferentes formatos que se publicarán dende hoxe até a celebración da gala de entrega en abril.

Indo aos Premios de Teatro María Casares, dicir que os espectáculos e profesionais finalistas dos XXIX Premios de Teatro María Casares daranse a coñecer a finais de febreiro, durante a tradicional Festa de Finalistas que este ano volverá celebrarase en Compostela, na Cafetería Lasso do Auditorio de Galicia. A primeira quenda de votacións mantense aberta até o vindeiro 17 de febreiro e un total de 48 espectáculos inscribíronse nesta edición.

Os Premios María Casares están organizados pola Asociación de Actores e Actrices de Galicia (AAAG) dende a súa posta en marcha en 1997 e contan cada ano coa colaboración de institucións e entidades como a Xunta de Galicia, a Deputación da Coruña, o Concello da Coruña, o Padroado de Cultura do Concello de Narón a Fundación AISGE ou Gadisa.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La tiranía de no intentarlo”. José Antonio Constenla

“La tiranía de no intentarlo”. José Antonio Constenla

Tras el varapalo del último informe PISA, que sitúa a los alumnos españolespor debajo de la media de los países miembros de la OCDE en matemáticas,lectura y ciencias, lo que muestra un importante retroceso respecto a losniveles de hace una década, alguien debería...

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

En 1969 Laurence J. Peter formuló el principio que lleva su nombre según el cual, enuna estructura jerárquica, los empleados llegan al nivel de incompetencia cuando sonascendidos a puestos para los que ya no están capacitados. El pedagogo canadienseformuló su teoría...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.