As “Memorias gravadas” de Xan Leira recalan este venres no Museo do Gravado de Artes

05 Febreiro 2025

O Museo do Gravado de Artes (Ribeira) vai inaugurar este venres 7 de febreiro unha nova mostra nas súas salas: a exposición 807/36 memorias gravadas de Xan Leira. Será ás 20.00 horas deste venres na sala 0 do Museo do Gravado, e contarase coa presenza do artista, do director do Museo, Pastor Rodríguez, e do presidente da Fundación do Museo e alcalde de Ribeira, Luís Pérez Barral.

Xan Leira, produtor e director de cinema, achega nesta mostra, nun formato estético e expresivo inédito para o público, un compendio das súas preocupacións como creador comprometido co seu tempo.

O crítico de arte, Carlos L. Bernárdez define a exposición con estas palabras:

“A obra gráfica de Xan Leira, ao igual que a súa máis coñecida faceta como documentalista, é moi autorreflexiva e entende a actividade creativa ligada a unha intensa dualidade, marcada pola tensión entre a experiencia vital e o seu contacto co contexto político-cultural, incidindo na maneira en como as formas comunican unha intensa carga de memoria e vida ao seren transportadas a contextos diferentes. Para ese propósito o artista segue estratexias de produción artística que mesturan fotografía, gravado instalación entendendo o conxunto como unha serie de prácticas que posibilitan pór en cuestión os diferentes ámbitos de ligazón co espazo concreto, apostando pola análise do impacto de contextos sociais de intensa carga vivencial. No gravado de Xan Leira a expresión do efecto das formas que indagan na memoria é froito dunha actitude reflexiva en que o importante é patentizar a vontade de liberdade fronte á violencia do poder, diseccionando os seus mecanismos de opresión. Esta denuncia faise inserindo diferentes xogos de relación alterados con ironía e sentido crítico”.

O crítico engade que as coordenadas en que se sitúan as representacións na obra gráfica de Xan Leira “optan por constatar e deixar testemuño do desequilibrio, a inestabilidade substancial da nosa condición, captando a inseguridade, a vulnerabilidade das persoas cando saímos do noso ámbito referencial”. A súa obra, explica, “é froito dunha actitude reflexiva na cal o importante é recuperar a memoria e patentizar e diseccionar os mecanismos de opresión do poder. Toda esta percepción artística conforma unha paisaxe desacougante, mais ao tempo enormemente viva e creativa deixando ver as trampas e os engados que deita o poder, un xeito de comprender o noso presente que nos fornece unha bagaxe para enfrontármonos á realidade que nos toca vivir”.

Esta exposición púidose ver na Sala Ángel Botello da Casa da Cultura do Concello de Cangas e logo de pasar polo Museo do Gravado recalará en Bos Aires.

O título da mostra evoca o número da causa por rebelión instruída contra os avós maternos do artista, pola súa resistencia ao levantamento franquista de 1936. Estes gravados poden ser entendidos como unha recreación contemporánea dos vellos, descoloridos e maltratados documentos que, por milleiros e arquivados en vetustos arquivos, foron instruídos polo franquismo contra o conxunto da cidadanía. O emprego de diferentes técnicas de estampación e recursos gráficos, sobre papeis tratados dun xeito moi persoal, converten esta mostra nunha escenificación contundente desta etapa histórica.

Outros artigos

Estabilizado o lume de Ribasieira (O Son)

A Consellería do Medio Rural informou de que o incendio forestal rexistrado no concello coruñés do Porto do Son, parroquia de Ribasieira, quedou estabilizado ás 18,15 horas de hoxe. O lume iniciouse ás 14,42 horas de onte e segundo as últimas estimacións provisionais...

+

Este mércores 23, comeza o outono logo dun verán de récord

Este verán foi o de maior número de días con temperatura máxima por riba dos 30 graos en Compostela, segundo datos do Observatorio Astronómico da USC Comeza o outono. Foto: Santi Alvite Ás 2:05 horas do mércores 23 dá comezo o outono no hemisferio boreal. Esa hora...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Caridade e solidariedade” – José Manuel Pena

“Caridade e solidariedade” – José Manuel Pena

“Axúdanlles moito máis aos estranxeiros que ás familias humildes da zona”. Observo como unha muller inmigrante, entregaba un cupón de alimentos, e saía do supermercado con dous carros repletos de comida, mentres que a unha veciña, sen apenas recursos, só lle dan unha...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.